Hambre de soja

"Hambre de soja" (2007) é un impresionante documental realizado por Marcelo Viñas sobre as implicacións que a produción de soia transxénica está a ter no seu país, Arxentina. Nos últimos anos a agricultura arxentina aumentou a súa produción a niveis antes nunca imaxinados grazas ao cultivo de soia transxénica. Con todo, esta soia é o principal inimigo que ten a Arxentina como país agropecuario e produtor de alimentos. A soia permite aumentar a produción, pero ocasiona a desertificación do chan, unha masiva contaminación ambiental, perdas irreparables na biodiversidade de ambientes naturais, a desaparición de alimentos básicos, e un aumento da desocupación, a fame e a indigencia.

 

proxecto fiare galiza