Food Inc.

Comeza a anunciarse a última película do realizador Robert Kenner. En "Food Inc.: What is the food industry hiding" (traducible por "Food Inc.: ¿Que oculta a industria alimentaria?) queda retratada a política alimentaria dos Estados Unidos. A cal, en gran parte, sería extrapolable á europea: un puñado de grandes corporacións controla gran parte do fornezo de comida que chega ás nosas mesas. E a súa maior preocupación non é a nosa saúde, senón o negocio.

De momento só pode o tráiler deste filme documental (podedes velo ao final deste post). Pero basta con ese par de minutos para introducir algúns dos temas que máis nos debesen interesar como consumidores e que, justamente, son os que a industria máis se empeña en esconder. Desde a destrución da forma de vida dos pequenos agricultores e granjeros, pasando polas condicións laborais de moitas das cadeas de supermercados, o nocivo para a saúde de moitos produtos, e a contaminación do medio ambiente resultante do tipo de explotación económica.

Algunhas das imaxes máis duras son as de explotacións de mega granxas industriais con miles de animais hacinados. Do mesmo tipo que, segundo algunhas fontes, causou o brote de gripe porcina. ¿Como pode ser que fai 50 anos fixese falta 70 días para criar un pollo e hoxe en día en só 48 estean plenamente desenrolados? ¿Qué nunha hamburguesa haxa carne de ata 400 vacas? Diabetes, obesidade, son outras das lacras asociadas ao noso modelo alimentario. É hora de espertar. Ahí vai o tráiler.

http://www.youtube.com/watch?v=5eKYyD14d_0&feature=fvw

 

proxecto fiare galiza