Feira do Troco, este sábado 6 de xuño en Redondela

1- ¿Qué é o mercado de troco?

O troco é un sistema de intercambio de bens onde o valor das cousas non o decide o seu prezo senón o seu valor de uso. Algo que para ti chegou a ser inútil, pode resultar interesante e servible para outra persoa!

2- ¿Por qué é unha boa idea?

Porque REUTILIZAMOS as cousas antes de tiralas ó lixo.

Porque REDUCE A DEPENDENCIA DO MERCADO CONVENCIONAL ó xestionar nós mesmos as nosas pertenzas prolongando a súa vida.

Porque COMBATE O CONSUMISMO esaxerado e sistemático reducindo a explotación de materias primas, enerxía, embalaxes, transportes…

Porque se basea nun SISTEMA DE INTERCAMBIO IGUALITARIO, onde non importan os nosos cartos senón os obxectos a trocar.

Porque favorece a INTERRELACIÓN CON PERSOAS da comunidade na que vives.

3- ¿Cómo participar?

É moi sinxelo! Pensa na cantidade de cousas que tes na casa en bo estado pero que xa non utilizas. Elixe 6 como máximo e, achégate á Alameda este sábado 6 de xuño a partir das 11:00h, onde recibirás un vale por cada unha delas. Ti mesmo elixirás outros tantas cousas entre as expostas na nosa feira de troco, e que á súa vez outros veciños e veciñas cederon para poder participar.

Lembra!!: 
       A partir das 11:00- 12:30 Entrega das túas cousas no stand.
      De 12:30 a 13:30 Troco de vales por obxectos á túa escolla*.

*En caso de coincidencia con outra persoa, atenderáse á numeración dos vales.

 

proxecto fiare galiza