Con apenas un 20% da poboación mundial, os países do Norte ou países enriquecidos gastamos o 80% dos recursos naturais e enerxéticos. Este modelo inxusto esconde unha gran débeda ecolóxica cara ao Sur composta por catro elementos: 1- A débeda do carbono: a enorme emisión de gases provoca o efecto invernadero, a destrución da capa de ozono e o cambio climático. 2- A biopiratería: as transnacionales patentan coñecementos ancestrales de campesiños e pobos indígenas sementes, plantas medicinales, etc.) sen pago algún. 3- Os pasivos ambientais: o Norte extrae a baixo prezo recursos e materias primas do Sur, cun elevado custo ecolóxico e social 4- A exportación de residuos tóxicos do Norte ao Sur. Fálase da débeda financeira de moitos países do Sur con bancos e gobernos do Norte. Pero tendo en conta a débeda ecolóxica do Norte co Sur, realmente ¿QUEN DEBE A QUEN?