COOP 57 Galicia - A banca ética galega

Coop57 Galicia nace nun contexto xeral no que, nos últimos anos, moitas persoas e  colectivos  sociais  están  a  cuestionar  o  emprego,  nomeadamente  polo  sistema financeiro convencional, dos cartos da cidadanía en xeral, e dos seus en particular, como  ferramenta  de  acumulación  de  poder  económico  e  social,  e  que  desvincula a actividade  económica  de  parámetros  éticos  como  a  defensa  da  paz,  a  loita  contra explotación  humana,  a  democracia  participativa,  a  igualdade  de  oportunidades,  a solidariedade e a defensa do medio ambiente. É dicir, o investimento dos cartos en proxectos  con  rendabilidade  económica  mais  violadores  dos  dereitos  humanos  e/ou dos ecosistemas.

Por   outro   lado,   organizacións   e   colectivos   sociais   enmarcadas   dentro   da economía social e solidaria -  que teñen como principio fundamental a primacía das persoas  sobre  o  capital  na  toma  de  decisións  e  nas  súas  políticas,  e  que  promoven valores  como  a  voluntariedade;  a  democracia  participativa;  a  responsabilidade;  a equidade;   a   vocación   social   e   ambiental;   a   igualdade;   a   transparencia   e   a solidariedade   -,   fican   excluidas   dos   circuitos   financeiros   pola   súa   natureza organizativa;  polo  perfil  socioeconómico  das  persoas  que  fan  parte  delas;  e  pola natureza dos proxectos que pretenden desenvolver ao non resultaren atractivas para o sistema financeiro convencional.

Con   estes   antecedentes,   téñense   promovido   no   marco   europeo   diversas iniciativas  so  un  modelo  organizativo  de  democracia  participativa,  que  procuran fomentar  o  aforro  solidario  e  o  investimento  ético  para  financiar  proxectos  de desenvolvemento local e de cooperación co Sul, con alto valor social e ecolóxico; non especulativos e, daquela, que procuran a recuperación do protagonismo da cidadanía na captación, xestión e aplicación dos cartos, e a compatibilización do rendemento ético  e  o  rendemento  económico  dos  proxectos  que  son  financiados.  Exemplos destacados  destas  iniciativas  son  a  cooperativa  de  crédito  italiana  Banca  Popolare Etica (BpE) e no Estado Español,  Fiare e a cooperativa catalá de servizos financeiros Coop57.

Na Galiza,  nomedamente  nos  primeiros  anos  do  novo  milénio,  intensifícase  o interese sobre as finanzas éticas por parte de diversos colectivos da economía social e solidaria, por exemplo, asociacións e cooperativas no ámbitos do comercio xusto, o consumo responsábel, a cooperación para o desenvolvemento, e a inserción laboral, entre outros, que dá lugar á organización de diversas actividades sobre esta temática e ao xurdimento dunha iniciativa de aforro e investimento solidario de ámbito local.

No    desenvolvemento    destas    actividades    coincídese    no    diagnóstico    da problemática  para  a  consecución  de  financiamento  acaído  no  sistema  financeiro convencional   por parte das organizacións de economía social e solidaria galegas ; o papel dos cartos na sociedade actual, a súa captación, xestión e aplicación por parte das  entidades  financeiras  convencionais;  e  a  necesidade  de  procurar  alternativas desde o tecido social galego para abordar esta diagnose, através do coñecemento de boas  prácticas  neste  eido  de  outros  territorios  do  Estado  Español,  dada  a  práctica inexistencia de referentes neste eido no territorio galego.

Con  estes  antecedentes,  en  2007  desde  as  asociacións  de  cooperativas  de traballo  e  consumo  galegas  promóvese  un  programa  plurianual  para  conformar  un grupo promotor que dinamice un proceso de reflexión que desemboque na creación dun  proxecto  de  finanzas  éticas  alicerzado  nos  principios  da  economía  social,  e  de ámbito  galego.  Neste  proceso  amosan  interese  en  participaren  unhas trinta e cinco organizacións  dos  ámbitos  expostos  no  parágrafo  anterior.  O  período  constituinte desenvólvese  cunha  participación  activa  dunhas  vinte  e  cinco  organizacións,  que durante   ano   e   medio   estudan,   debaten   e   acordan   os   contidos   do   modelo   de organización a promover, e realizan actividades divulgativas para o coñecemento de experiéncias activas acordes con este modelo. O resultado deste proceso é a creación de   Coop57   Galicia   como   Sección   Territorial   da   cooperativa   catalá   de   servizos financeiros  éticos  e  solidarios  Coop57  por  parte  de  dezaseis  delas,  sen  prexuízo  de que outras das participantes se incorporen nun futuro próximo ou teñan apostado, de forma lexítima, por outras alternativas complementarias.

Por parte do grupo promotor de Coop57 Galicia, a aposta por Coop57 responde a:

1) Ponsiderar  a  esta  cooperativa  como  un  referente  consolidado  no  ámbito  das finanzas  éticas,  tendo  en  conta  a  deficiencia  de  iniciativas  deste  tipo  e  do  saber facer  neste  ámbito  no  noso  país

2) Polos  princípios  nos  que  fundamenta  a  súa actuación   (cooperativos   e   da   banca   ética)

3) Polo   seu   modelo   organizativo participativo  e  de  crecemento  en  rede  e  solidariedade  interterritorial

4) Pola autonomía  de  xestión  e  decisión  dos  proxectos  a  financiar  por  parte  da  Sección Territorial

5) Por ser unha garantía da viabilidade económica da iniciativa en Galiza a  respecto  de  cubrir  os  posíbeis  deficits  que  se  produzan  entre  a  capacidade  de captación  de  aforro  e  as  necesidades  de  financiamento  dos  proxectos  galegos,  e favorecer  a  sinerxia  de  custos  de  estrutura

6) Pola  oferta  e  flexibilidade  dos servizos financeiros adaptábeis ás necesidades dos proxectos a financiar en Galiza.

Todo o anterior sendo conscientes das limitacións coas que conta, xa que non podemos falar  dunha entidade bancaria en sentido estricto, ao non prestar servizos financeiros  a  particulares,  e  que  existan  operacións  de  financiamento  a  proxectos que  non  poida  asumir  na  súa  totalidade.  Para  cubrir  estas  limitacións  Coop57  fai parte  como  socia  transversal  do  proxecto  de  banca  ética  Fiare  SL,  e  coopera  co obxecto de captar capital e depósitos para a constitución dunha cooperativa europea de  crédito,  xunto  coas  cooperativas  de  crédito  BpE  da  Italia  e  NEF  da  Franza,  no limiar de 2011.

Desde Coop57 Galicia acreditamos que Coop57 vai ser un piar fundamental para a  a  consecución  deste  proxecto  e  daquela  dun  proxecto  integral  de Banca Etica no Estado  Español,  so  un  modelo  organizativo  democrático  e  participativo,  e  coa  nosa integración queremos reforzar a súa consolidación.

Consumo Consciente Árbore, Sociedade Cooperativa Galega.

 

proxecto fiare galiza