¿Comer ecolóxico é caro?

KIWIS LOCAIS E ECOLÓXICOS A 1,87 € o QUILO.

Pois non o sei, todo o mundo dí que si, pero o feito é que os productos frescos, locais e de tempada non teñen un prezo nada malo (dende prezos semellantes  a un prezo maior nun 40%). É que finalmente o que queda nas mentes da xente é que a alimentación ecolóxica é cara, facendo unha simplificación da realidade abraiante. O consumo consciente ten que ser esixente coas simplificacións mentais automaticas que temos, nós, os seres humanos. Deixo un enlace para argumentar e reflexionar. Baixando a realidade, onte no Gadis ao lado da miña casa, tiñen os kiwis a 2,50 € o quilo e na frutería a 1,75 €. Bueno, que vexo que 1,95 € non desentona, sabendo o que representa para a economía local, para a labrega que o cultiva (o 80% do que pagas vai para ela), para a túa saúde, etc. Non sei, pero eu se fóra tí animavame a botar un ollo, que non é malo. É máis, pode ser moi bo, para túa saúde e a do planeta.

Mazás segunda a 0,89 €
Mazá primeira a 1,95 €
Leituga a 0,89 €
Coliflor a 1,15 €
Brocoli a 2,25 €

 

proxecto fiare galiza