No marco da Semana Galega do Comercio Xusto, Amarante, xunto co Sindicato Labrego Galego e Verdegaia, organizan unha xira por Galicia da dirixente campesiña Mariam Sissoko (presidenta de muller da CNOP -Coordinación Nacional de Organizacións Campesiñas de Mali- e coordinadora en África do movemento Vía Campesina).
Baixo o título "Consumo responsable e Cambio climático", Mariam Sissoko desgranará o traballo que desde a CNOP e Vía Campesina se está facer a prol da loita pola soberanía alimentaria no continente, así como a necesidade de fomentar un medio rural vivo en confrontación ao modelo de produción e consumo capitalista devorador de recursos e que ten as distintas crises (alimentaria, ecolóxica e financieira) como impronta no século XXI.
En Vigo celebrarase unha charla organizada por Amarante, Árbore, Emaús, Verdegaia e Sindicato Labrego Galego este mércores día 22 ás 20:30 na Cova dos Ratos (Romil, 3).
+info: www.amaranteong.org