Carrefour Caca

Resulta que os señores de Carrefour deciden que as bolsas de plástico que antes regalaban masivamente a diario, agora, son CACA, contaminan unha chea e tardan 400 anos en biodegradarse. Polo tanto, estanche a dicir que unha cousa que sempre fomentaron ágora non vale??? ¿Non se sabía xa que eran contaminantes fai 15 anos? ¿fai 10 anos? ¿fai 5 anos? ¿Non será que Europa e o estado español van regular as bolsas de plástico e os aguilillas adiantanse os acontecementos?. ¿Non será que aforrarán máis de 5 millós de euros en bolsas? ¿Non será que queren limpar a súa imaxe corporativa e presentar o restyling corporativo coa conseguinte asociación do troco de imaxe co xiro "eco"?

Está ben procurar alternativas as bolsas de plástico, pero dende logo non é o Carrefour o salvador do planete co seu modelo empresarial.

Tí decides.

 

proxecto fiare galiza