Asemblea Xeral de Árbore o 31 de maio

O domingo, día 31 de maio teremos Asemblea Xeral de Árbore.

Lugar:
Muiño do Severo (Cabral)
Se non sabes como chegar, sairá un grupiño de socias dende Árbore ás 10.30.

Hora: 11.00 en primeira convocatoria e 11.30 en segunda convocatoria.

No caso de facer mal tempo, a Asemblea será na Cova dos Ratos (rúa Romil, 3 baixo)

A documentación enviouse por correio postal. No caso de que non te chegará a carta, fainolo saber en info@arbore.org

Na parte privada do portal está toda a documentación, ademáis de haber copias impresas na cooperativa.

Dende o Consello Reitor queremos que a Asemblea sexa un punto de encontro lúdico-festivo entre tódalas socias e invitadas que veñan, máis aló da Asemblea propiamente dita. Para ilo informamos de que haberán as seguintes actividades:

  • Muiñada.
  • Xantar colectivo:levar comida para compartir, a cooperativa tamén leva algo.
  • Actividades para nenas.
  • Actividades musicais.
  • Espazo de troco.
  • Obradoiros.

É moi recomendable levar cadeiras plegables e loza para o xantar.

 

 

proxecto fiare galiza