Nos últimos anos estase a producir unha crecente
consciencia por parte dos consumidores/as, en aspectos como: a
exixencia de mellor información sobre o que consumimos, o consumo
responsábel, a seguridade alimentaria, e o respecto ao medio ambiente
nos procesos de produción.
Ademais as cooperativas teñen demostrado ser unha
ferramenta eficaz para organizaren a consumidores/as e usuarios/dunha
forma colectiva, consciente e democrática para a mellora de diversos
ámbitos da calidade de vida, entre eles, o alimentário.
OBXECTIVOS
1. Impulsar e dinamizar procesos de creación de proxectos cooperativos no ámbito do consumo ecolóxico e a agroecoloxía.
2. Dar a coñecer a filosofía e as vantaxes da
cooperativa para organizar o consumo de produtos agroecolóxicos, a
través de actividades formativas e experiencias cooperativas activas.
3. Ofrecer modelos e vías nas que canalizar saídas profesionais a desempregados/as e a mulleres da zona.
CONTIDOS E METODOLOXIA
Fase I: Xornadas divulgativas do cooperativismo de consumo
Vaise realizar unha xornada en cada un dos concellos de
Poio, Pontevedra, Barro, Ponte Caldelas e Vilaboa. A duración estimada
de cada xornada será de 2 horas co seguinte formato:
Proxección audiovisual de introdución ao cooperativismo.
Exposición e debate sobre a cooperativa como fórmula para organizar o consumo.
Exposición dunha experiencia de cooperativa de consumo activa.
Fase II: Obradoiro sobre o modelo cooperativo orientado ao consumo
Deseñado para colectivos ou persoas que pretendan conformar un grupo impulsor de proxecto cooperativo de consumo.
A duración será de 18 horas distribuídas en seis sesións de tres horas cada unha cos seguintes módulos:
Divulgación cooperativa.
Plan de empresa para un proxecto cooperativo de consumo.
Visita de medio día cada unha ás cooperativas de consumo de produtos ecolóxicos: A Xoaniña en Ferrol e Árbore en Vigo.
Fase III: Plan de viabilidade:
O grupo promotor, conformado no obradoiro, poderá
desenvolver de acordo as súas necesidades o estudo de viabilidade do
seu proxecto de Cooperativa de consumo na Comarca de Pontevedra
titorizado e apoiado por un equipo técnico experto nas materias a
desenvolver. A duración estimada será de 60 horas.
As actividades realizaranse dun xeito participativo e
práctico, procurando o emprego de material didáctico e audiovisual
adaptado ás necesidades e perfil das persoas asistentes.
DESTINATARIOS/AS
Entre os criterios guía para acoutar destinatarios/as tomaranse en conta, entre outros:
Estar localizadas nos concellos de Poio, Ponte Caldelas, Barro, Vilaboa e Pontevedra.
Membros
e representantes de asociacións de toda a comarca, comunidades de
montes, organismos das Administracións Públicas e persoas da Comarca de
Pontevedra interesadas no consumo consciente e na posta en valor dos
recursos endóxenos da comarca.
CALENDARIO DE ACTIVIDADES
DATAS
Xornadas Divulgativas Cooperativas de Consumo 8, 9, 10, 11 e 12 de Setembro 2008
Obradoiro de Cooperativismo de Consumo 15, 16, 17, 22, 23 e 24 de Setembro 2008
Visitas ás cooperativas de Consumo A Xoaniña e Árbore 20 e 27 de Setembro 2008
Plano viabilidade dun Proxecto de Cooperativa de consumo Do 29 de Setembro ao 24 de Outubro 2008
INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN
ADR PRODER II COMARCA PONTEVEDRA
FED. COOPERATIVAS SINERXIA
Teléfono
986 108 144
986 896 526
Correo –e
adrproderpontevedra@mundo-r.com
sinerxia@sinerxia.org
Web
www.adrproderpontevedra.org
www.consumocooperativo.org
O prazo de inscrición para as distintas actividades
rematará o día anterior o inicio de cada actividade ás 12 horas. As
prazas son limitadas para o obradoiro, visitas de cooperativas e plano
de viabilidade e a inscrición para estas actividades realizarase por
rigorosa orde de entrada.
Poderase atopar información actualizada de horarios,
datas, lugar de celebración, relatores/as, experiencias cooperativas e
outros aspectos das actividades do programa en calquera dos dous sitios
webs antes expostos.
ORGANIZA : Concello de Pontevedra
COLABORAN : ADR Proder II Comarca de Pontevedra
Federación de Cooperativas SINERXIA
Pazo da Cultura
Caixanova
PATROCINA : Dirección Xeral de Relacións Laborais – Consellaria de Traballo