O que nós chamamos anacardo en Nicaragüa coñécese como a "semente do marañón", unha árbore de entre 7 e 12 metros de altura que dá un pequeno froito do que pende unha semente en forma de ril.

A árbore do anacardo crece ben en zona tropical da Costa do Pacífico con estación seca de 4 até 7 meses de duración. Atópase tamén nalgunhas partes da Costa Atlántica, pero o seu período de produción é máis limitado, debido ao exceso de choivas. A árbore do anacardo resiste ben á seca. As queimas constitúen un problema maior en época seca nas plantacións mal coidadas. Isto débese á resina que conteñen as plantas, calquera queima de malezas pode diseminarse rapidamente á plantación e destruíla por completo.
¿Como se obtén o anacardo?
O proceso de transformación da semente de anacardo é sumamente laborioso. Consta de 10 pasos:
1. Colleita
2. Secado solar (3 días)
3. Remollo (12 horas)
4. Baño aceite (breve fritura)
5. Apertura da noz (con martelo)
6. Fornear a semente
7. Descascarillar (cun coitelo)
8. Tostado final
9. Enfriado
10. Envasado
Todo este esforzo require moita dedicación e traballo. Unha vez conseguido o anacardo é necesario colocalo no mercado e, de novo, os prezos que se pagan a l@s produtor@s non son suficientes como para que ell@s obteñan unha ganancia digna.
Preparación do anacardo
A preparación do anacardo leva a cabo artesanalmente.
A améndoa do anacardo é demandada para ser consumida directamente despois de tostada ou frita; así mesmo, utilízase na repostaría (para facer confites e chocolates), na industria panadeira, para acompañar o viño, na cociña, sendo recomendado nalgúns casos como dieta alimenticia. Ademais extráese aceite que é utilizado na industria. A froita do anacardo pode comerse como froita ou sobremesa e procesado como bebida fresca ou fermentada (viño), vinagre, gelatina, xeleas ou cuberta con mel.
A améndoa ten uso industrial na fabricación de cosméticos, resinas, vernices, tinguiduras, etc. A cortiza e as follas úsanse en medicamento, a noz ou semente do anacardo ten demanda internacional e aínda a cuncha ao redor da noz úsase en medicamento e ten aplicacións nas industrias de plásticos e resinas debido ao seu contido fenólico.
As cooperativas de mulleres.
O CIPRES vén apoiando a diversas cooperativas de mulleres dedicadas á transformación e envasado da semente do marañón nos municipios de Somotillo e Tecuaname. Ao transformar elas mesmas a súa materia prima non ceden este valor engadido aos intermediarios internacionais. ESPANICA completa esta estratexia facéndoas partícipes tamén do valor engadido da comercialización, xa que ditas cooperativas están dentro do gremio UNAPA, que representa o 50% de ESPANICA. Con este proxecto seguimos profundando na nosa estratexia destinada a loitar contra a pobreza favorecendo o Comercio Xusto.
Os obxectivos de ESPANICA:
Coa comercialización do anacardo cumprense varios obxectivos:
* Favorecemos a creación de emprego cooperativo en Nicaragua, dando saída aos produtos da Economía Popular
* Diversificamos a produción e a exportación, introducindo ás mulleres como traballadoras maioritarias e apoiando unha rexión diferente á cafetalera, neste caso o Trópico Seco
* Impulsamos o Comercio Xusto, consolidando unha iniciativa estratéxica de control dos beneficios por parte dos produtores
* Diversificamos a oferta ao consumidor solidario, permitíndolle optar por un aperitivo natural, sen procesos nin aditivos químicos
* Substituímos os tradicionais snacks por un produto 100% natural que ademais contribúe á sustentabilidade ecolóxica das comunidades produtoras. Esta é unha opción dobremente interesante que favorece o Comercio Xusto.
fonte: www.espanica.org