As algas galegas

As algas mariñas están recoñecidas cientificamente como un alimento de alto valor nutricional:

Polo seu baixo contido en calorías e graxas,
Pola súa alta concentración de minerais, vitaminas, proteínas (aminoácidos esenciais) e carbohidratos indigeribles,
Polo seu destacado nivel de fibra dietética ,
Polo seu elevado contido en nutrientes,
As algas son unha óptima fonte mundial de alimento.
(Consello Superior de Investigacións Científicas de España-1999)

Alimento rico en proteínas, minerais, vitaminas e outros nutrientes específicos, como os ácidos grasos poliinsaturados.
Destaca o seu alto contido en minerais e oligoelementos. Todos os elementos que necesita o ser humano atópanse nas algas en cantidades suficientes.
(Universidade Complutense de Madrid ? España -2001)

elas, os máis antigos seres vivos no planeta, son tamén unas das poucas verduras silvestres, un verdadeiro luxo nestes tempos.
é un recurso natural que se renova anualmente no mar e por iso significa un alimento estable e sustentable.


RESUMO DAS PROPIEDADES DAS ALGAS ATLÁNTICAS

- disolven o exceso de graxas

- a maior fonte de sales minerais
(calcio e ferro, fósforo, magnesio, etc.)
e oligoelementos
(practicamente todos, destacando: iodo, silicio, cinc, manganeso, cobre, selenio, etc.)

- a súa abundante fibra é saciante e lixeiramente laxante polo que facilita o tránsito intestinal

- os seus aminoácidos complementan as proteínas dos demais alimentos
conteñen todos os aminoácidos esenciais e 9 non esenciais.

- activan as defensas, limpan o corpo de toxinas e fortalecen os ósos, cabelo e uñas

- a limpeza e calidade das nosas Algas están avaladas polos estudos da Universidade Complutense de Madrid, o Consello Superior de Investigacións Científicas, as Universidades de Santiago e A Coruña e polo Goberno Autónomo de Galicia - España.

 

proxecto fiare galiza