10 anos de Amarante

O día 3 de outubro, AMARANTE celebra o seu decimo aniversario.

Non se ten a posibilidade de celebrar o decimo aniversario dunha organización social tódolos días. E aínda que 10 anos non é nada, moitas cousas teñen mudado neste tempo que nos teñen obrigado a ir adecuando as nosas ideas ao mundo do capitalismo global co que nos tocou lidiar co fin de ser efectivo na nosa Misión, sen traizoar os nosos principios e non renunciando aos nosos obxectivos.

Cando en outono de 1.999 un grupo de tres persoas, arroupadas por uns “magníficos” asesores, constituíamos AMARANTE na cidade de Pontevedra non podiamos imaxinar, nin nas mellores das nosas expectativas, que o proxecto de solidariedade galego, critico e ecosocial coma o definimos naquel intre ía a ter o despliegue que despois tivo nin a incidencia social e influencia institucional que chegou a adquirir.

Sabemos que elo non seria posible sen a túa colaboración e doutras persoas que en maior ou menor medida teñen colaborado nestes anos.

Agora toca disfrutar e celebrar. Preparamos unha grande festa con moito máis voluntarismo que medios, pero nela queremos que esteades todos e todas, os que estades en Amarante, os que ides a estar no Amarante do futuro pero, sobre todo os que estivechedes na historia de Amarante e sen as que hoxe non estariamos aquí.

Disfrutade da festa, e sobre todo comparte con nos o xantar de confraternización que faremos o sábado 3 de outubro ás 14,00 horas na praza do Teucro en Pontevedra.

 

+info: http://amaranteong.org/soligariedade

 

proxecto fiare galiza