O futuro do planeta depende moito máis do noso consumo que das urnas.

A alimentación é un dereito humano básico.
Toda-las persoas deben ter acceso a alimentos sans, nutritivos e culturalmente apropiados, en cantidade e calidade suficientes para levar unha vida sa.

Algúns alimentos conteñen produtos perjudiciales para a nosa saúde
Moitos produtos alimenticios conteñen contaminantes orgánicos persistentes. Trátase de sustancias tóxicas resistentes á degradación natural que poden afectar a nosa saúde.
Nas granjas industriais os animais aliméntanse con piensos de baixa calidade e fornéceselles antibiótico de forma indiscriminada. Ademais, en moitos casos, os animais son tratados de forma cruel.
O peixe de acuicultura adoita tratarse con antibióticos, pesticidas e fungicidas e aliméntase con piensos elaborados con peixe salvaxe.
Consumimos moitos máis derivados animais dos que necesitamos.
Nos países desenvolvidos consómense moitos máis produtos derivados animais dos que son realmente necesarios para unha alimentación equilibrada.
O produto máis abundante na cesta da compra da poboación vasca é a carne.

Para consumir con responsabilidade ¡Hai alternativas!
O consumo de produtos locais, frescos e de tempada supón importantes aforros de auga e enerxía, xa que se evitan transportes innecesarios.
A agricultura e ganadería ecolóxicas utiliza técnicas para producir alimentos co menor custo ambiental e sanitario posible.
Hai que paralizar a produción, vertido e emisión de contaminantes orgánicos persistentes, tal e como regula o Convenio de Estocolmo, asinado polos gobernos de 120 países, entre eles o do Estado español.

Para unha vida máis sostenible ¡Actúa!
Consome de forma responsable
Procura reducir o consumo de carne, leite e ovos. Se requieren moitos recursos, enerxía e auga para a súa produción.
Prioriza o consumo de produtos de tempada e evita os procesados que conteñan moitos conservantes e aditivos.
Etiquetas como a de Agricultura Ecolóxica garanten que se seguiron criterios ambientais e sociais nos procesos de produción.
Se compras peixe, procura que proveña de costas próximas e capturado con métodos selectivos de pesca. Consome únicamente peixe salvaxe e exemplares adultos.
Evita consumir langostinos de cativa artificial, xa que para o seu cultivo destrúense moitos humedales e bosques de manglares e contamínanse as costas tropicais.

Observa detenidamente as etiquetas para comprobar que os produtos que compras non conteñen ingredientes modificados genéticamente. Consulta a Guía Vermella e Verde de Alimentos Transgénicos de Greenpeace.
Comproba que os produtos que ofrecen vantaxes para mellorar a túa saúde, pódeno demostrar científicamente. texto: greenpeace

 

proxecto fiare galiza