Consumes ou devoras

O consumo... cantas veces escoitamos da importancia do consumo... “a economía se paraliza porque se estanca o consumo”... “o paro se reduce grazas ao aumento do consumo”... “vou a ter que pechar o bar porque a xente non me consume”...

En nome do consumo, convertido en fin en si mesmo, reducimos voluntariamente a vida útil dos obxectos útiles e necesarios, creamos a necesidade de consumir obxectos inútiles e superfluos, derivamos grande parte dos recursos da economía na publicidade, inventamos a idea do consumidor eternamente insatisfeito, ...

E para satisfacer este voraz consumo degradamos o medio ambiente, esgotamos os recursos do planeta, explotamos laboralmente a persoas de moi lonxe (e de moi cerca), degradamos voluntariamente os nosos propios dereitos laborais e sociais, cambiamos os nosos valores, ...

Pero... esta é a única forma posible de consumir? existe a posibilidade de consumir sendo conscientes das implicacións? é posible que o non consumo sexa, en ocasións, unha opción válida? podemos guiar o noso consumo en función das implicacións que podería ter sobre a economía, o medio ambiente e a nosa saúde?

Coud é un altofalante do consumo consciente e responsable. Un espazo de comunicación, de encontro, de debate, de difusión, de todo o que todas queiramos que sexa. Un sitio aberto a todo grupo, organización ou persoa individual que estea interesada en aportar a súa visión e a súa ilusión neste eido. En definitiva, unha pequena fiestra que se abre a un mundo diferente, no que nós somos parte activa, e que recolle as nosas inquietudes, motivacións e necesidades.

Actualmente formamos parte de Coud a Asociación Ecoloxista Verdegaia e a Rede Galega de Consumo Consciente.


 

proxecto fiare galiza