Conferencia Fernando Cembranos, Estratexias fronte ao colapso / Xoves 14 de Decembro

Fernando Cembranos, psicólogo, sociólogo e membro de Ecoloxistas en Acción, falará dos nosos recursos e potencialidades ante novos escenarios de deterioración material e escaseza enerxética.

Cada vez é máis difícil negar a degradación dos ecosistemas e dos factores ambientais relevantes que sustentan a vida (clima, auga, biodiversidade...), o que nos aboca a un colapso ecolóxico de gravísimas consecuencias para a humanidade.

O futuro, por tanto, preséntase con grandes doses de incerteza e convén visualizar escenarios futuros e actuar en consecuencia.

A proximidade do colapso pode redirixir as nosas sociedades a unha maior riqueza relacional en lugar dun uso máis intensivo de materiais e enerxía. Os pobos que viven co xusto non son menos felices.

Temos a responsabilidade de ser optimistas, e xa postos, tamén intelixentes.

+información do evento

 

proxecto fiare galiza