LUGO FOI O ESCENARIO DE DEBATE, PARA EXPERTOS, PRODUTORES E CONSUMIDORES, SOBRE POR QUE ESCOLLER E CONSUMIR ALIMENTOS ECOLÓXICOS CETAL E CRAEGA PRESENTAN O PRIMEIRO BARÓMETRO DE PERCEPCIÓN E CONSUMO DESTE TIPO DE PRODUTOS EN GALICIA, DURANTE A XORNADA "Alimentos Ecolóxicos, por que?"
TAN SÓ UN 13,7% DOS GALEGOS CONSOMEN ALIMENTOS ECOLÓXICOS. MOITOS NON Os COMPRAN PORQUE TEÑEN HUERTA. PALABRAS COMO ?CASEIRO? Ou ?DO PAÍS? ASÓCIANSE MÁIS CON SAÚDE QUE ?ECOLÓXICO?.
ESTAS FORON ALGUNHAS DAS CONCLUSIÓNS DESTE ESTUDO. EDUARDO VIDAL E JOSÉ ANTONIO FERNÁNDEZ FAN FINCAPÉ NA NECESIDADE DE ACHEGAR Ao CONSUMIDOR As GARANTÍAS QUE OFRECE A CERTIFICACIÓN DE LESTES PRODUTOS. UN SELO QUE ASEGURA QUE UNHA VERDURA Ou UNHA CARNE NON UTILIZOU QUÍMICOS DE SÍNTESES NA súa PRODUCIÓN, POR EXEMPLO.
O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo e o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia presentaron o Primeiro Barómetro de Percepción e Consumo de Alimentos Ecolóxicos na nosa Comunidade Autónoma, durante a xornada "Alimentos Ecolóxicos, por que?", celebrada na capital lucense. Deste estudo, realizado polo CETAL, conclúese que o consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia é aínda incipiente.
En 2010 tan só un 13,7% dos galegos son consumidores habituais de produtos ecolóxicos. Pola contra, esta porcentaxe elévase até un 31,0% en Cataluña, ou até un 46,0% en Francia. A intensidade do consumo tamén é menor en Galicia. Un 2,2% do total dos consumidores galegos toman a diario algún alimento ecolóxico. O dato en Cataluña non é moi superior, un 2,6%; pero se tomamos como referencia a Francia, a cifra sobe até o 9%. Ademais na nosa CCAA o termo ?ecolóxico? non está suficientemente asociado a unha imaxe positiva dos alimentos. Palabras como ?caseiro? ou ?do país?, son asociados polo consumidor a un modelo de produción máis natural, son recoñecidos como positivos polo dobre de consumidores, até un 27%, que os que atribúen esta cualificación ao termo ?ecolóxico?, un 14%.
Neste punto, desde o CETAL, engaden que os motivos que retraen o consumo de alimentos ecolóxicos é que o 50% dos consumidores motivan a súa decisión de rexeitalos polo feito de dispor directa ou indirectamente (familia, veciños, amigos) de horta para o seu auto abastecemento; unha característica específica en Galicia. Con todo, esta porcentaxe descende ao 5% en Cataluña. Eduardo Vidal destaca que ?resulta evidente que a poboación non é consciente aínda de que é un alimento ecolóxico.
Para iso debemos traballar xuntos, produtores, distribuidores e administracións, para conseguir levar até os fogares o significado da produción ecolóxica. A certificación dos produtos ecolóxicos garante que proveñen dunha agricultura respectuosa co medio ambiente; que procura a rotación de cultivos, para evitar o desgaste da terra; que evita o uso de pesticidas e fertilizantes químicos; e que, no caso do gando, mira polo benestar animal, que cada un teña un espazo adecuado para criarse, entre outros. Esta é a información que non está a chegar ao público. Este é o punto que hai que fortalecer?. Por outra banda, do documento, que permitirá iniciar unha serie histórica de indicadores cos que testar a eficacia das accións dirixidas a desenvolver o noso mercado interior, obtivéronse datos que sinalan que os valores asociados a un alimento con maior proxección positiva para o consumidor galego son os relacionados coa saúde. Para o 25 % a cualificación máis positiva dun alimento é que sexa ?san? e para o 24 % que sexa ?natural?. A relación entre alimento ecolóxico e saúde é aínda moi débil en Galicia. Só un 7% dos consumidores galegos que coñecen os alimentos ecolóxicos defínenos espontaneamente como ?alimentos sans?. Ademais a motivación fundamental para consumir alimentos ecolóxicos habitualmente é a saúde. Un 48% di que o fai por razóns de saúde, e un 27% porque son naturais. Tan só un 14% sitúan como primeira ou segunda razón as motivacións medio ambientais. Neste sentido, a xornada abriu unha reflexión sobre o estado da relación entre a produción de alimentos ecolóxicos e o consumidor galego.
Desde distintas ópticas produtores, entidades certificadoras, mundo científico, administracións, consumidores, restauración e distribución abordaron os puntos débiles e fortes desta relación co fin de extraer conclusións útiles para fortalecela ou reorientala. O director xeral da Fundación incide en que ?hai que aproveitar que o consumidor busca un produto san para ofrecerlle un alimento cun valor engadido nese sentido; xa que ao coidar do medio, coida da saúde. O feito de que non se utilicen químicos de sínteses durante o seu desenvolvemento ou crecemento xa di que son moi bos para a saúde. As mensaxes deberán incidir, logo, nese plus, ademais de incidir no valor engadido que lles dá o seu sistema de produción, destacando a súa diferenciación, e os exhaustivos controis polos que pasan?. Outro dos aspectos atopados como fraqueza na venda dos ecolóxicos, durante este debate, foi o prezo.
O prezo retrae o consumo até nun 43% dos consumidores e frea o incremento de consumo por parte dos que xa os compran nun 37% dos casos. A dificultade para atopalos nos lugares de compra habituais é a motivación básica para o 24% dos consumidores do primeiro grupo e o 29% dos do segundo grupo. É necesario equilibrar valor e prezo para incrementar o consumo de alimentos ecolóxicos. Nesta tarefa está plenamente implicado o CETAL que xa levou a cabo os estudos da cadea de valor da carne e do leite ecolóxico, e que, na actualidade, ten en marcha dous proxectos de investigación dirixidos a mellorar a produtividade mediante noticias técnicas de loita biolóxica contra a Armillaria nos cultivos de viñedos e o achegue de algas como complemento da ración alimenticia no gando vacún.