A Comisión Europea rexeita aprobar dous millos transxénicos

A Comisión Europea rexeita aprobar dous millos transxénicos de Monsanto e Pioneer así como unha pataca transxénica de Basf.

A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria da UE é cuestionada pola Comisión no debate sobre transxénicos que tivo lugar o­nte.

A transcendental decisión que o­nte tomou a Comisión Europea de non aprobar tres controvertidos transxénicos e de devolvelos á Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA nas súas siglas inglesas) para que volva avaliar en profundidade a súa seguridade é un claro voto de non-confianza no sistema europeo de aprobación de transxénicos. Este feito arroxa serias dúbidas á capacidade da EFSA para avaliar a seguridade dos cultivos transxénicos.

A Comisión pediu á EFSA que revise:

- a opinión previamente emitida acerca da seguridade da pataca modificada xeneticamente, á luz das preocupacións manifestadas por institucións como a Organización Mundial da Saúde, o Instituto Pasteur e a Axencia Europea do Medicamento. A pataca transxénica, producida pola compañía agroquímica alemá BASF, contén un xene que fai que determinados microorganismos fáganse resistentes a certos antibióticos que son de gran importancia para a saúde humana e animal.

- a anterior avaliación de dúas variedades de millo que foi modificado para producir pesticidas. A pesar da gran controversia científica acerca destes transxénicos modificados xeneticamente para producir un pesticida, a EFSA nun principio estableceu que ambas variedades eran seguras. Posteriormente EFSA recoñeceu que non tiña capacidade para levar a cabo a avaliación dos efectos ambientais indirectos e a longo prazo, requirida pola lei. O mes pasado, a Comisión acordou que a EFSA necesitaría dous anos para desenvolver a capacidade de valorar estes impactos indirectos e a longo prazo dos transxénicos.

Amigos da Terra e Greenpeace reclaman que se reforme a EFSA, para garantir que as súas opinións sexan cientificamente válidas e imparciais. A EFSA ten un déficit de recursos humanos e de experiencia para levar a cabo as súas obrigacións legais en relación coa avaliación de risco dos transxénicos en Europa.

“O resultado do debate de o­nte é un claro voto de non-confianza da Comisión na EFSA. A pregunta agora é cantas veces Barroso ignorará as evidencias científicas e a opinión pública ata conseguir a decisión que el espera. Pedir unha avaliación da seguridade destes cultivos, por terceira vez, a unha axencia europea inadecuada e con financiamento deficiente, é como pór ao raposo ao coidado das galiñas”, afirmou Juan Felipe Carrasco, responsable da campaña de transxénicos de Greenpeace.

“Os comisarios fixeron o correcto ao rexeitar as opinións da EFSA en relación aos tres cultivos, pero erraron ao non tomar unha clara decisión sobre os dous millos pesticidas. Dadas as serias preocupacións científicas ligadas a estes cultivos, o dossier debería ser rexeitado o­nte en lugar de atrasar dous anos máis o proceso. A Axencia necesita unha reforma completa se lle van a confiar importantes xuízos de valor sobre a seguridade dos cultivos transxénicos”, afirmou David Sánchez-Carpio, Responsable da área de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra.

 

proxecto fiare galiza