Comeza andar a Cesta Básica

Temos a ledicia de estrear "a cesta básica en Árbore".

É unha iniciativa para facilitar o acceso a unha alimentación completa, saudable e consciente. Fíxase o desconto para socias no 20% en preto de 100 alimentos, a maioría deles dentro de dúas categorías:

  • Froitas e hortalizas frescas de orixe próxima (local ou galega).
  • Graneis (alimentos vendidos por peso) de cereais, legumes, sementes...

O catálogo de alimentos incluídos deseñouse coa intención de satisfacer unha serie de fins:

  • Nutritivos. O conxunto de produtos debe aportar unha base suficiente para unha alimentación comleta e saudable.
  • Sociais. Facer este catálogo de produtos básicos accesible a todas as socias.
  • Éticos. Prímanse produtos responsables a nivel social e ambiental. Dacordo cos estatutos da cooperativa, respetarase a vida dos animais.
  • Económicos. A cesta básica ten un custo económico para a cooperativa, este custo debe ser asumible e debe ir acompañado dun seguemento. Parte (ou incluso a totalidade) da medida poderá ser compensada polo aumento do consumo nos produtos ofertados con desconto especial, a outra parte deberá ser compensada con outras medidas.

Dito todo isto, pensamos que a cesta básica podería ser mellor e adaptarse máis as necesidades das socias se aportades as vosas ideas, suxerencias e dúbidas, pedimosvos que teñades en conta todolos criterios anteriormente mencionados á hora de facer os vosos comentarios.

Podedes participar preferentemente (pola súa comodidade) no foro de árbore creado especialmente ou no libro de socias que se encontra na tenda. Neste sentido consideramos que non é a función das traballadoras recoller as aportacións das socias, dificilmente resultara operativo e perxudicará a calidade da comunicación.

Desexamos que este novo camiño aberto supoña unha diferenza a mellor para todalas socias e persoas que participamos desta cooperativa.

[Nota: algúns dos alimentos incluídos na cesta poderían non estar dispoñibles pola súa produción estacional (frescos) ou a súa conservación (moitos graneis en momentos de calor)]

AdxuntoTamaño
follina_cestabasica1.jpg666.72 KB
follina_cestabasica2.jpg726.58 KB

 

proxecto fiare galiza