Comercio xusto no Starbucks?

StarsucksA multinacional Starbucks no Estado español lanzou recentemente a comercialización do 100% do seu café Espresso como café de comercio xusto certificado pola Asociación do Selo FLO. Pero, podemos atopar, realmente, comercio xusto en Starbucks? Se repasamos brevemente a traxectoria desta multinacional estadounidense vemos como a "xustiza" social, comercial, ecolóxica e económica brilla pola súa ausencia.

No ano 2006, Starbucks tentou patentar unha das mellores variedades de café etíope, Sidamo, seguindo a lóxica de privatizar i usurpar un ben común. Afortunadamente, a iniciativa foi parada grazas á forte presión e mobilización social internacional. Para a Asociación do Selo FLO, certificar o café de Starbukcs é unha maneira de chegar a máis consumidores, pero é necesario preguntarse: a que prezo e beneficiando a quen?

comercio injusto estar-fucks

+info: http://arbore.org/contido/o-custe-dun-cafe-starbucks

+info: http://www.espaciocomerciojusto.org/es/campanas/starbucks/108-starbucks-...

Espazo por un Comercio Xusto

 

proxecto fiare galiza