Coloquio "A Globalización no Comercio Xusto"

AMARANTE organiza un debate en Sargadelos sobre a Globalización no Comercio Xusto
AMARANTE Setem presenta na Galería Sargadelos, baixo o título “A Globalización no Comercio Xusto” e entre as actividades que a ONG galega desenvolve estes días dentro do seu programa para a comercialización do café de comercio xusto, unha mesa de debate na que intervirán, Xoan Hermida, responsable de Comercio Xusto de Amarante, Javier GONZÁLEZ SAMPEDRO, director de relacións institucionais de Vegalsa-Eroski e Diego ALONSO, xerente da cooperativa de consumidores ÁRBORE.
O obxectivo do coloquio é o de visualizar as distintas posicións arredor das estratexias para a introdución na grande distribución dos produtos de comercio xusto. Tentarase achegar ao público á realidade dos actores na cadea de produción e distribución do café á poboación.
O coloquio terá lugar no segundo andar da galería Sargadelos, a partir das 20.00 horas, no espazo de exposicións onde estes días, e ata o vindeiro venres, móstrase a obra do fotógrafo David Quintas: “As Miradas do Café”. Así mesmo, o mércores día 1 de outubro terá lugar a segunda das proxeccións do filme británico “Ouro Negro”. Ao día seguinte, 2 de outubro, haberá unha nova mesa redonda sobre o Comercio Xusto nas institucións con representantes das diferentes administracións públicas e das tres universidades galegas.

COLOQUIO

“A Globalización no Comercio Xusto”

Interveñen:

Ø Javier GONZÁLEZ SAMPEDRO, director de relacións institucionais de Vegalsa-Eroski

Ø Diego ALONSO, xerente da cooperativa de consumidores ÁRBORE

Ø Xoan HERMIDA, responsable de Comercio Xusto de AMARANTE Setem

 

proxecto fiare galiza