Charla Haydée Castillo / 16 Marzo, 19h, Local de Árbore

Querid@ soci@:

Convidámoste a unha charla coa feminista nicaraguana Haydée Castillo, aproveitando a súa visita a Galiza. É unha grande oportunidade de coñecer de primeira man a situación das mulleres e o feminismo en Centroamérica, tamén do traballo en dereitos humanos e preservación da cultura indíxena con esta activista profunda coñecedora destes temas. Visitará a nosa cooperativa acompañada pola Marcha Mundial das Mulleres e a Coordinadora Galegas de ONG.

Día: Venres 16 de marzo

Hora: 19:00 h

Lugar: Local social da Cooperativa Árbore

Haydeé Castillo Flores, é unha muller feminista nicaraguana.

Participou activamente nos 70 na Revolución Popular Sandinista como dirixente estudantil e das mulleres, participando no Comité Executivo da Asociación de Mulleres Nicaraguanas- AMNLAE.  É extenso o seu traballo como activista no campo do feminismo, dos dereitos humanos, o ecoloxismo, a soberanía alimentaria e a preservación das culturas e identidade do seu país; fundando e participando en diversas organizacións.


Na actualidade é directora do “Instituto de Liderazgo As Segovias” e coordinadora rexional no “Foro das Mulleres para a Integración Centroamericana

Para coñecer máis sobre a Haydée Castillo, consulta o documento anexo no que che incluímos unha síntese biográfica.

Agardamos contar contigo!
Unha aperta feminista

[Actividade organizada pola Marcha mundial das mulleres e pola Coordinadora Galega de ONG]

 

AdxuntoTamaño
sintesis_biografica_de_haydee_castillo.pdf146.7 KB

 

proxecto fiare galiza