Charla "Cociña e alimentación sostibles no verán" / 30 Xuño, 20h no local da cooperativa

Bo día

Árbore organiza para o vindeiro Venres, 30 de Xuño ás 20h unha charla con Natalia Carrillo, socia da cooperativa e a nosa cociñeira de referencia para petiscos e doces en todo tipo de actividades (sí, esas empanadas veganas tan ricas tamén as fai ela).

O obxectivo da charla é falar sobre cociña e alimentación sostibles no verán mediante a presentación do "Caderno Sostible edición de Verán", que Natalia preparou para nos , e que inclúe:
- Produtos de tempada do verán
- Consellos para aforrar consumo e esforzo na cociña
- Receitas e ideas
- Resolver as dúbidas que poidan xurdir (Habilítase o correo electrónico consultascocinha@arbore.org para consultas sobre o caderno ata o 30 de Setembro)

As persoas que asistan á charla recibiran de balde un exemplar do Caderno. A partires dese día venderánse na tenda por 3€. Non é por anticipar acontecementos, pero o certo é que quedou  moi chulo.

Precisamos confirmación de asistencia posto que as prazas son limitadas, facédeo en info@arbore.org ou na propia tenda. A asistencia está aberta tanto a socias como non socias da cooperativa, así que podedes invitar a quen queirades.

Agardámosvos :) , a bo seguro que vai valer a pena achegarse.

 

proxecto fiare galiza