Este sábado 21 de Novembro ás 20:00 levarase a cabo en Árbore unha charla celebrando o centenario do Congreso Internacional da Paz de Ferrol en 1915. A charla está organizada polo Espazo Aberto Antimilitar, o GAS e a ODS-Coia e contará coa presenza de Eliseo Fernández, investigador especializado no movemento obreiro galego.
Podedes consultar toda a info das xornadas no seguinte enlace.