Cestas ecolóxicas de froita e verdura

Presentamosvós dúas cestas de fresco para que escollades a mellor que se adapte as vosas necesidades. Só poderán apuntarse socias xa que a producción é moi limitada.

Antía, cesta aberta, por 24,50 €.

Jorge, cesta pechada, por 18,56 €.
________________________________________________________________________________________

Antía, labrega de Salvaterra, ofrécenos a súa cesta semanal, que trae o mércores pola tarde.

Todas as socias que queirades podedes apuntarvós na cooperativa.

O contido da cesta é:

Acelgas ou verdolaga, cebolletas ou cebolas, mesclum (leituga e rúcula), xudías verdes, bos aires(con raias vermellas) e tomates grandes, cherry siberianos, pementos italianos ou morrones verdes, calabacins, pepinos ou pepinillos, cenorias e algunha aromática, remolacha, e quizais fresas ou morotes e algunha sorpresilla máis...

O prezo é de 24,50 € e como vedes é aberta, ten posiblidades varias.

Existe a posibilidade de incluírvos flores de calabacín, de capuchina e aromáticas; a albahca, ourego, salvia piña, herba luisa, néboda, hortelán, ortiga, loureiro, tomiño limón e tomiño normal, lavanda, santureja(non se como se chama en español), cebollino, menta chocolate, etc.

Para aqueles máis aventureiros na cociña...mellor reservade na cooperativa, se estais interesados en algo concretamente.

Jorge, socio da cooperativa e labrego ecolóxico, ofrecenos cestas pechadas, é dicir, virán cos productos que determina a súa horta. Poderás pedir unha cesta ate o martes ás 21h, para recollela o mercores a tarde.

O contido da cesta é:

1 Kg xudias; 1 remolacha; 2 cabaciños; 1 cogombro; 1 mx espinaca Nova Zelandia; 2 cebolas; 0,4 kg cenoria; 1 mollo de  acelgas; 1 ducia de ovos; 2 kg de patacas; 1 mollo de verza e 1 cabeza de allos

O prezo para socia é de: 18,56 €.

 

proxecto fiare galiza