Cervexa Riedenburger Brauhaus

Cervexa alemá tradicional que emprega como materia prima só produtos ecolóxicos. Ademais contan para esta tarefa coa colaboración da abadía benedictina de Plankstetten. É unha cervexa tipo pilsener, sen filtrar, por iso o seu aspecto é amarelo pálido  e turbio. Ten unha carbonatación moi abundante que forma unha fina capa de espuma branca e cremosa. O seu sabor é de acidez moi moderada, con certos toques doces.

 

proxecto fiare galiza