A cenoura

Contén beta-caroteno, que o noso organismo transforma en vit.A. É imprescindible para o bo funcionamento da retina e especialmente para a visión nocturna ou con pouca luz.
Tambien esta vit. favorece o bo estado da pel e as mucosas.
Destaca a súa cantidade en fibra vexetal (3%) da cal a maioría é pectina, que normaliza o tránsito e suaviza a mucosa intestinal.
O seu aceite esencial é moi activo contra os parásitos intestinais.
Asi pois, a zanahoria é moi útil nas afeccións da retina e dos ollos en xeral; nos transtornos da pel; na gastrite e exceso de acidez; na colite e como preventiva do cancro.
   

Por cada 100 gr:
Fibra- 3.00%
Minerais- 0.870%
Hidratos de carbono- 7.14%
Graxa- 0.190%
Proteinas- 1.03%
Auga- 87.8%

1) CRÚA: Preséntase en esalada, enteira ou raiada e aderezada con limón. Convén ós nenos para fortalecer a súa dentadura.

2) COCIÑADA: A cenoura combina moi ben coas patacas e con outras hortalizas. Ó sometela a coción adquire un sabor doce. A súa riqueza en beta-caroteno mantense logo da coción.

3) ZUME: Moi apropiado como refresco saboroso e nutritivo. Combina moi ben co zume de mazá e co de limón.

 

proxecto fiare galiza