Celebración do día internacional da eliminación da discriminación racial

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA DISCRIMINACIÓN RACIAL

O 21 de Marzo de cada ano celebrase o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial o cal foi declarado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas para conmemorar a traxedia racista que tivo lugar no ano 1960 na cidade de Shaperville, en Sudáfrica, na que se asasinaron a manifestantes que protestaban pola aplicación do Aparheid a mans da policía surafricana. Polo que a celebración desta xornada  invítanos ó compromiso colectivo para a erradicación da discriminación racial coa que hoxe en día convivimos.

Por este motivo o vindeiro sábado día 25 do presente mes SOS Racismo Galicia organiza, en colaboración coa Asociación Diversidades e Amigos de Brasil em Galicia, un acto para celebrar o día internacional contra o racismo e compartir a pluralidade das persoas que formamos estas entidades.

Dita celebración terá lugar nas inmediacións do local da Asociación Veciñal do Calvario (Avda/ Martínez Garrido, 27 baixo) e comezará ás 17 horas, rematando sobre as 20 horas. Os e as asistentes poderán disfrutar dunha xornada con música en directo de diferentes grupos, actividades para nenos e nenas e algúns petiscos.

Convidamos a todas as persoas a participar.

Recibide un cordial saúdo

 

proxecto fiare galiza