Conservas galegas e ecolóxicas Tuta Fruta

Fuxir da cidade. Volver ao campo a vivir da terra. A moita xente róldalle pola cabeza construír un paraíso natural. Deixalo todo en pos dunha autosuficiencia e sinxeleza que faga esquecer crises xerais ou persoais. Aínda que pareza apaixonante ou romántico, non é fácil. En especial se un pretende vivir en comunidade e sacudirse as xerarquías habituais para apostar polo consenso e o respecto. Fracasadas ou esgotadas as comunas dos anos setenta, os experimentos alternativos que herdan algo daquelas criaturas son as ecoaldeas.

As berenxenas

É diurética, aumenta a produción de ouriños, estimulando a capacidade de filtración dos riles. Por iso, o seu consumo convén en casos de cálculos renais, retención de líquidos, hipertensión arterial e afeccións cardíacas.
Actúa como tónico dixestivo, activando a función biliar, favorecendo suavemente ó valdeiramento da bilis, asi como a produción de mollo pancreático. Convén pois ós que padecen de dixestións pesadas ou de dispepsia biliar.
É un laxante suave, polo seu contido en celulosa.

Os tomates

Diversos estudos da universidade de Harvard (EEUU) puxeron de manifesto que os homes que consumen habitualmente tomate fresco, asi coma zume ou salsas de tomate. presentan un risco moito menor de cancro de próstata.
Ademais é depurativo do sangue e diurético. por iso está recomendado para enfermos de gota.
Pola súa riqueza en vitaminas e minerais combate a depresión inmunitaria( diminución das defensas).
É moi útil o tomate pra todos aqueles que padezan de transtornos nas arterias (arteriosclerose), xa que pola súa acción antioxidante, evita a oxidación do colesterol (LDL), que dá lugar ó estrechamiento e endurecemento das arterias.

Por cada 100 gr:

As cebolas

Ás sustancias que forman o aceite esencial da cebola(responsable do seu cheiro) e aos flavonoides se lle atribiyen a maior parte das propiedades da mesma: antibiótica, antiasmática, protectora do corazón e as arterias, diurética e antitumoral.
Contén glucoquina, que está definida como unha "hormona vexetal" que ten a facultade de reducir o nivel de glucosa en sangue, o que fai á cebola moi favorable para os diabéticos.
A inxestión dunha cebola crúa pode deter ou aliviar unha crise de asma, pola súa acción antialérxica e broncodilatadora.
   
Por cada 100 gr:
Fibra- 1.80%
Minerais- 0.370%
Hidratos de carbono- 6.83%
Graxa- 0.160%

Os cabaciños

Destaca polas súas propiedades emolientes (suavizantes) sobre o aparello dixestivo, debido ó seu contido en mucílago. Tamén é lixeiramente diurético.
Todo iso fai que sexa moi apropiado en casos de dispepsia (mala dixestión) gastrite, colon irritable, colite (inflamación do colon).
Indicado para curas de adelgazamento xa que achega moi pouca graxa e calorias, cunha cantidade relativamente alta de proteínas.
E tamén para afeccións cardiovasculares, como hipertensión arterial, arteriosclerose e afeccións coronarias.

Por cada 100 gr:
Fibra- 1.20%
Minerais- 0.520%
Hidratos de carbono- 1.70%
Graxa- 0.140%
Proteinas- 1.16%
Auga- 95.3%

A espinaca

Recomendado en casos de anemia, o espinafre contén gran cantidades de ferro, mais que a carne ainda que é verdade có ferro de orixe vexetal absorbese peor que o animal, coa axuda da vit C que contén a propia espinaca resulta mais doada esta absorción.
Ideal para embarazadas, xa que contén ácido fólico.
O seu consumo axuda a reducir o nivel de colesterol en sangue.
ë un potente antioxidante.
Non é aconsellable en casos de cálculos renais, gota, arenillas no orín...polo seu contido en ácido oxálico.
Para disminuir este ácido desechase a auga da cocción.

Por cada 100 gr:
Fibra- 2.70%
Minerais- 1.72%

As acelgas

Destaca polo seu contido en provitamina A e en ferro.
As súas indicacións mais importantes son:
Para a obesidade, xa que ten a propiedade de satisfacer o apetito sen apenas achegue calórico.
Pola súa riqueza en sales minerais é depurativa e alcalinizante do sangue.
É dixestiva e laxante, moi recomendable en casos de gastritis, estreñimiento e hemorroides.
Tamén recomendada en casos de anemia polo seu alto contido en ferro.
   
Por cada 100 gr:
Fibra- 3.70%
Minerais- 2.01%
Hidratos de carbono- 0.270%
Graxa- 0.060%
Proteinas- 1.82%
Auga- 92.2%

As leitugas

Grazas a súa composición a leituga ten as seguintes propiedades:
Axuda a conciliar o sono, xa que é un opiáceo. Por esto está indicada para transtornos do sistema nervioso, ansiedade, insomnio...
Facilita a dixastestión e é saciante, por elo recoméndase en dietas ou problemas de obesidade, ademais a sua fibra regula o tránsito intestinal.
Tamén recoméndase para os diabéticos, xa que é un alimento pobre en hidratos de carbono, polo que ós que padecen esta doenza poden consumila sin mais limite có seu apetito.

Por cada 100 gr:
Fibra- 1.70%
Minerais- 0.900%
Hidratos de carbono- 0.670%
Graxa- 0.200%
Proteinas- 1.62%

As patacas

As súas proteínas teñen un alto valor biolóxico, nunha proporción adecuada para favorecer o crecemento.

É unha gran amiga do estómago, polo seu efecto antiácido e a súa consistencia física que reduce a necesidade de traballo dixestivo por parte do estómago.
É un sedante natural, xa que contén diacepam, contribuíndo á relaxación local do estómago. Por isto está moi recomendado en casos de dixestión dificil e estómagos delicados.

O navicol

As follas do navicol son moi ricas en vitaminas e minerais e sobre todo destaca o seu contido en magnesio, clorofila, fibra e provitamina A.

É un cultivo típico da zona sur de Galicia. ata agora a súa comercialización foi case nula, xa que é unha verdura moi específica e algo escasa.
O seu sabor é parecido ó grelo, algo mais doce e produce dende outubro (a mais temperá) ata xuño.

1) CALDO: O navicol é unha verdura con moito sabor, fervida con legumes fai uan prato ideal para o inverno.

 

 

proxecto fiare galiza