¡Prantas de Kalanchoe e Stevia!

Acabamos de recibir prantas de Kalanchoe e Stevia para poñer á venda dende esta mesma tarde.

Sabemos que moitas socias da cooperativa querían mercar estas prantas e xa as tedes a vosa disposición. O custe de cada unha delas é de 3€, e se alguen quere colaborar co grupo de persoas que están facendo o esforzo de cultivalas e ofrecelas, pode facelo deixando a cantidade extra que cada quen cosidere oportuna, de forma totalmente voluntaria.

Árbore non obten ningún beneficio económico da venda desta pranta, soamente pretende facilitar a súa difusión.

Eladio e Olaia liberados da prisión provisional

Tras 19 días en prisión preventiva, e unha detención inxusta, foron postos en liberdade da prisión provisional Olaia, Eneko e Eladio. Enlace a Europa Press: http://www.europapress.es/galicia/noticia-asociaciones-animalistas-creen...

Alza nos prezos dos produtos de comercio xusto norte-sur

Nos últimos meses e despois dun tempo de subidas suaves, os prezos do café do mesmo xeito que outras materias primas subiron de forma drástica nas bolsas. Os prezos dos produtos do Comercio Xusto, especialmente o café, cacao, azucre, arroz e outras materias primas manteñen un prezo base por baixo do cal non se paga e aplícase unha prima social cando este é excedido en valor de bolsa.

Ecogalego: portal galego sobre ecoloxía

Póñome en contacto convosco para que coñezades ECOGALEGO: O portal
galego sobre ecoloxía (http://www.ecogalego.org). Pretendemos, ademais
de dar difusión ás diferentes novas sobre ecoloxía que xorden en Galicia
e animar a xente a participar nas diversas propostas que chegan de
múltiples asociacións, incluír toda a información que poidamos referente
á ecoloxía: recursos, asociacións, iniciativas, etc.

Adoitamos estar ao tanto das diferentes novas e iniciativas a través
das correspondentes páxinas web, pero sempre se nos escapan cousas, así
que, se vos interesa enviarnos algunha nova ou calquera outra

Pumarinhos procura

ESPAZO AXEITADO PARA A AUTOAPRENDIZAXE NA INFANCIA.

POESÍA DE MANOLO PIPAS

Poesía de Manolo Pipas en apoio aos activistas de EQUANIMAL e IGUALDADE ANIMAL.

Esta é unha poesía que evoluciona no tempo e cambia cada día.

http://envolventesaspalabras.info/

 

ARTIGO EN "EL PAÍS" SOBRE A DETENCIÓN DE ACTIVISTAS POLOS DEREITOS DOS ANIMAIS

Lede este artigo, os comunicados de organizacións como Verdegaia (http://www.verdegaia.org/content/view/1302/1/), e outros artigos publicados estes días e reflexionedes sobre a situación destas persoas.

http://www.elpais.com/solotexto/articulo.html?xref=20110624elpmad_5&type...

Publicado por Cándido Martínez (socio de Árbore)

Informe a visita a rede Minga de Francia

Neste artigo deixamos o documento PDF resumo da experiencia recollida por varias persoas do Espazo por un Comercio Xusto, rede a que pertence a cooperativa.

A visita a realizaron cinco personas de tres organizaciones portuguesas pertences ao ECX:
Carla Soares y Sofía Gonçalves (Ecos do Sul), Carlos Gomes y Nuno Meireles (Mó de Vida) y Lina Afonso (CIDAC).

O documento é sumamente interesante pois recolle as experiencias de Sistemas de Garantía Participativa, no eido da Economía Solidaria en Francia.

Campaña de obxección fiscal

Adxuntamos unha carta tipo para a obxección fiscal.
Por se vos animades a  facerla, non ten ningún perigro legal.
Esta declaración simplemente é unha guía, tendes información detallada nas seguintes webs:

http://www.nonaogastomilitar.org/
http://www.nodo50.org/objecionfiscal/
http://www.ecologistasenaccion.org/article5092.html

 

proxecto fiare galiza