Pola defensa do territorio e a calidade de vida

¿ONDE VAS PASAR O NADAL?

Máis de 300 persoas en Vigo o pasarán na rúa...

A Rede Social Galicia Sur convoca un acto de rúa para sensibilizar á cidadanía viguesa ante a situación de máis de 300 persoas persoas que viven sen teito e que pasarán un inverno máis na rúa.

Que producir e como produci-lo en Galicia

Proxección do documental "Falsas Esperanzas" este xoves no Punto Xove

A proxección terá lugar no "Punto Xove", na rúa Lope de Neira 27 (Vigo) o día 11 de decembro ás 18:30h.

A película "Climate of hope", elaborada por unha organización antinuclear australiana, mostra a inviabilidade da enerxía nuclear durante tódolo seu proceso, dende a extracción do uranio ata a xestión dos seus residuos, e a falsedade de que poida ser unha
opción para combatir eficazmente o problema do cambio climático.

Ven ao Foro Social Galego

O Foro Social Galego (FSGal) nace con un obxectivo claro, situar a Galicia dentro da construción dese outro mundo, non só posíbel senón necesario. E baixo o lema: "Pensar e construír alternativas desde Galiza" recolle o testigo do Foro Social Mundial para acadar a confluencia e a visualización de alternativas á globalización neoliberal propostas desde un amplo abano de movementos sociais.

Foro Social Galego o 5,6 e 7 en Compostela

Foro Social Galego: Pensar e construír alternativas desde Galiza

Santiago de Compostela os días 5,6 e 7 de decembro. 

O 26 de novembro, Galicia libre de transxénicos

Xornadas internacionais de Economía Social de Vivenda e credito en Vigo

O día 21 e 22 de Novembro terá lugar a celebración das XORNADAS INTERNACIONAIS DE ECONOMIA SOCIAL DE VIVENDA E CREDITO.

Estas xornadas son organizadas entre a CIG e SINERXIA ao abeiro da liña de cooperación que están a levar a cabo as duas organizacións no ámbito da difusión da Economía social e solidária en Galiza, e que xa se concretou nunhas xornadas no mes de Xuño con experiencias internacionais da economía social no ámbito do traballo e o consumo.

 

proxecto fiare galiza