Actividades de Loaira en Redondela

Video-forum: O vindeiro mércores 14 de abril ás 20:30 h  proxección do documentário "China Blue" no Multiusos de Redondela:

Curso de voluntariado ambiental

Adxuntamos o enlace do díptico do curso "Voluntariado y conservación 
de la naturaleza"

XII Encontro degustación do millo corvo

Os vindeiros venres 26, sábado 27 e domingo 28 de marzo celebrarase en Meiro (Bueu) o XII Encontro Degustación do Millo Corvo, Festa declarada de Interese Turístico de Galicia.

Manifa Galiza non se vende

Se queres ir a manifestación merca por 8 € o teu billete de ida/volta na Cova dos Ratos.
(r/Romil 3 baixo)

Manifestación Galiza non se vende

ARBORE NO III CONGRESO DE AGROECOLOXÍA

Xa están abertas as inscripcións para participar no vindeiro Congreso de Agroecoloxía que se vai a celebrar en Vigo do 24 ó 26 de xuño de 2010. Ademáis das distintas ponencias que se poderan escoitar, o sábado día 26 está prevista tamén unha visita gratuita a proxectos de economía ecolóxica no baixo miño.

Para máis información, inscripcións, programa, etc, esta é web dos organizadores: http://economiaecoloxica.uvigo.es/

A cooperativa Árbore está presente dende a perspectiva de comercialización de productos ECO e a nosa experiencia en Galiza: http://economiaecoloxica.uvigo.es/index.php?option=com_content&view=cate...

Como sempre, animamos a participar nas iniciativas que xurden con unha liña de traballo similar á nosa e informamos ós socios da cooperativa de que poden facer tamén as súas achegas sobre este tema para presentar despois na documentación que formará parte do congreso.

Un saúdo.

 

Xanela aberta: mirando ao sur

Xanela aberta ao sur

A Asociación AMARANTE Setem volta a realizar o proxecto XANELA ABERTA AO SUR co obxectivo de facilitar un espazo de coñecemento das diferentes realidades do Sur a todas aquelas persoas que o desexen.

Xanela Aberta ao Sur é un proxecto no que se mixtura a teoría coa práctica realizando xornadas de formación e visitas a proxectos de organizacións de Brasil, Ecuador e Marrocos, co ánimo de que as participantes poidan coñecer de primeira man o que está acontencer en cada un dos países.

O mércores 10 de Marzo, en Vigo, charla informativa sobre Marrocos, Ecuador e Brasil no Local de Amarante ás ás 20:30.

Para inscribirte ou pedir máis información escribe a educacion@amaranteong.org ou chama ó 886 111 327 (a inscrición está aberta ata o 12 de Marzo). Tamén podes atopar toda a información actualizada no Blog do Xanela http://amaranteong.org/xanela

Xornadas sobre soberanía alimentar

Xornadas soberanía alimentar

Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para unha mellor organización das Xornadas prégase confirmación de asistencia en info(a)sobreaniaalimentar.info


Xornadas de troco este sabado en Redondela

Este sábado 19 de decembro, a asociación de consumo responsábel de Redondela, Loaira, vai organizar unha feira de troco nos soportais da Casa do Concello (no centro de Redondela) a partir das 11.00 horas.

A idea é, ademais de cambiar obxectos e xoguetes que poden servir de agasallos, reflexionar un pouco sobre as datas que se achegan.

 

proxecto fiare galiza