Curso facilitación CEIDA 2015-2016

[Información enviada pola organización do curso]

Prezada/o amiga/o,

Asemblea Contituínte SPG Sudoeste

Este Domingo día 9 estase a celebrar en Árbore a Asemblea Constituínte do SPG-Sudoeste. Este grupo de produtoras e consumidoras leva máis dun ano traballando na definición deste proxecto que agora da un paso máis cara a súa posta en marcha.

 Podedes atopar máis información sobre os membros e marcha do proxecto. +info

Obradoiro Construción Natural / Alga-Lab / 4-7 Agosto

[Información enviada pola organización do obradoiro]

 

O principal problema das vivendas en Galicia é a falta dun verdadeiro illamento que nos permita protexernos do frío e da calor, así como un exceso de humidade-ambiente no interior das mesmas. Así, este obradoiro permitirá coñecer como rehabilitar unha vivenda en pedra para mellorar o seu confort interior usando materiais naturais e locais. +info

Ecofeiron / Covelo / 22-23 Agosto

Estánse a facer xa clásicos os Ecofeirons que organiza o amigo da Cooperativa Carlos, que ten a súa finca en Moreira (Ponteareas).  Ven unha nova tanda de eventos para o mes de Agosto que agora vos anunciamos. +info

 

Recomendamos a visita a esta e as outras feiras que están organizando coa axuda e colaboración de distintas experiencias de produción, elaboración...

 

Un saúdo!

III Romaría produtos do campo / 18 de Xuño / Vilaboa

Despois da feira ecolóxica de Bueu, poderemos desfrutar nesta ocasión da romaria de Vilaboa. Outra boa oportunidade para coñecer opcións locais de produción responsable e de paso facer a compra da semana.

Podedes consultar o programa adxunto.
Un saúdo!

Mercado de Vrán Ecobueu / 12 de Xullo

Podedes descargar o programa de actividades da feira a continuación.

 

Saúdo!

Redeseño do Oriente Medio / Charla-Coloquio 26 Xuño / Librería Andel

[Información enviada pola organización]
 
Desde Mar de Lumes temos o pracer de convidarte á conferencia que celebraremos esta vindeira sexta-feira e que trataremos a situación actual no Oriente Medio.
Charla coloquio introducida por José Emílio Vicente  (profesor de Historia), que versará sobre a ofensiva imperialista e redeseño da Asia Sul-Occidental, así como dos principais axentes dos numerosos conflitos que someten hoxe esta área a unha situación de guerra case total, a comezar polo auto-denominado "Estado Islámico".

Concerto-baile, danzas do mundo / 27 de Xuño

O vindeiro 27 de xuño poderedes asistir ao baile-concerto amenizado polo grupo Monteira, composto entre outros por Servando Barreiro, socio da nosa cooperativa.

Un saúdo!

 

proxecto fiare galiza