Conferencia Fernando Cembranos, Estratexias fronte ao colapso / Xoves 14 de Decembro

Fernando Cembranos, psicólogo, sociólogo e membro de Ecoloxistas en Acción, falará dos nosos recursos e potencialidades ante novos escenarios de deterioración material e escaseza enerxética.

Cada vez é máis difícil negar a degradación dos ecosistemas e dos factores ambientais relevantes que sustentan a vida (clima, auga, biodiversidade...), o que nos aboca a un colapso ecolóxico de gravísimas consecuencias para a humanidade.

O futuro, por tanto, preséntase con grandes doses de incerteza e convén visualizar escenarios futuros e actuar en consecuencia.

Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder/ Ecoar: Vigo, Coruña...

Enlace á programación para os vindeiros días

Enlace a ECOAR Global


Enlace a video da campaña

Invitación Inauguración Kastami's / 23 de Novembro

Desde LA CANALLA queremos invitarte a la inauguración de KASTAMI´SEste jueves a las 19,00 h en Marqués de Valladares nº 19, Vigo.

Xornadas Consumo Responsable / Salceda de Caselas, 25 e 26 de Novembro

Estimad@s, Dende a ACDE TrezeCatorze de Salceda de Caselas queremos invitalos a participar nas xornadas que imos celebrar os próximos 25 e 26 de novembro no marco da convocatoria Educación para o Desenvolvemento da Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
O sábado 25, a partir das 17h no Centro Cultural A Devesa, falaremos dos Sistemas Participativos de Garantía e, as 20h, presentaremos da man do seu director a curta “Planeta Azúcar”.

Presentación Caderno Outuno-Inverno e talleres de cociña / 11 de Novembro, 11:00h, Local da cooperativa

>Presentación Caderno Outuno-Inverno e talleres de cociña.

Este Sábado 11 de Novembro ás 11h presentarase no local da cooperativa o Caderno Outono-Inverno elaborado para nos por Natalia Carrillo. O caderno venderase dende ese día por 3,50€ (ese día agasallaremos 35 ás primeiras persoas que cheguen).

Tamén adiantaremos algunha información sobre a elaboración de algúns talleres de cociña prácticos a facer en datas próximas.

Xornada sobre alimentación crítica e responsable / 7 de Novembro, Vigo

Podedes consultar o programa no documento axunto.

Actividades de O Toxo / Novembro, Gondomar

Enlace ao facebook de O Toxo

 

proxecto fiare galiza