Mulleres do Afganistán - Charla da activista Mitra

RAWA é a organización político-social das mulleres do Afganistán que loitan na clandestinidade desde 1977 pola paz, a liberdade, a democracía e os dereitos das mulleres nun país flaxelado polo rexime fundamentalista. Para contarnos dita situación e a loita destas mulleres estará connosco Mitra, activista afegá de RAWA de 26 anos que está a percorrer as nosas terras. A charla terá lugar o 9 de decembro, ás 20:00, no local de Amarante e Verdegaia en Compostela (Av. de Romero Donallo 17). En Vigo o sábado 11 de decembro, ás 19:30, na Cova dos Ratos, Romil 3.

Orde do día da Asemblea Xeral

Orde do día:

1. Constitución da mesa. (5min)
2. Informe narrativo da situación actual da cooperativa. (20m)
3. Situación vendas. (20m)
4. Regulamento réximen interno (15m)
5. Presentación da Valoración do Traballo Voluntario (20m)
6. Plan de Mellora (20m)
7. Varios (15m)

Haberá actividades para as nenas e nenos.

Presentación do libro "Decrecemento, crise e capitalismo" de Carlos Taíbo

Reencamiñamos-vos a convocatoria que nos envía a Escola Popular Galega para a presentación do libro de Carlos Taibo, "Decrecemento, crise e capitalismo".

O acto será o 9 de Decembro a partir das 20:00 h. no local da Escola Popular Galega, no nº 12 da Rua Real de Vigo.

A quén serve meu diñeiro?

O vindeiro xoves 2 de decembro, Joan Antoni Melé, subdirector xeral de Triodos Bank, dará unha conferencia en Vigo, organizada por Saber Alternativo, baixo o título:

Diñeiro e conciencia: A quen serve o meu diñeiro?

Pode facer extensiva esta invitación aos seus colaboradores e amigos.
Día: xoves 2 de decembro de 2010
Hora: 20.00 horas
Lugar: Antigo Reitorado, Universidade de Vigo (C/ Arenal 46)
Entrada libre

 

Asemblea Xeral de Árbore o 11 de decembro

FOTOS ANO PASADO

DATA: Sábado, 11/12/10

HORA: 17:00h en primeira convocatoria e ás 17:30h en segunda. Ás 20:00 h. Cea árboreana.

LUGAR: Centro cívico de Teis. Rúa Camiño de maceiras, s/n. A ubicación exacta estará exposta na tenda e na nosa páxina web.

Procuramos dunha persoa para a Comisión da Horta

Dende a Comsión da Horta de Árbore faise un chamamento para incorporar unha persoa a equipa de cultivo.

A horta está situada no Freixo en Sárdoma. Cultivamola de forma ecolóxica dende o ano 2004.

Nestes momentos procuramos dunha persoa con certa experiencia, seria, responsable e con compromiso para cultivar. É unha Comsión auto-xestionada onde se reparte o cultivado. Non é un traballo nin se remunera de ningunha maneira. Se che interesa, envía un mail a info@arbore.org

Se o que queres é investigar, aprender e intercambiar, nos seguintes links atoparas o que procuras:

Obradoiro de cociña vegana

Este SÁBADO 27 DE NOVEMBRO ás 11 da Mañá
Na Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3 Baixo)

Quedaremos a xantar o que cociñemos e haberá un bote para os gastos.

Inscrición:

info@arbore.org

Saúde e Alegria

 

proxecto fiare galiza