Charlas de Josep Pámies en Tui e Pontevedra

Josep Pámies, moi coñecido como promotor no uso e consumo de Stevia e da súa defensa da libre distribución das sementes estará o día 6 e 7 de Novembro dando charlas respectivamente en Pontevedra e Tui:

- Día 6 (Pontevedra). IES Sánchez Cantón. 19:00h

- Día 7 (Tui). Liceo Casino de Tui. 11:00h


¡Prantas de Kalanchoe e Stevia!

Acabamos de recibir prantas de Kalanchoe e Stevia para poñer á venda dende esta mesma tarde.

Sabemos que moitas socias da cooperativa querían mercar estas prantas e xa as tedes a vosa disposición. O custe de cada unha delas é de 3€, e se alguen quere colaborar co grupo de persoas que están facendo o esforzo de cultivalas e ofrecelas, pode facelo deixando a cantidade extra que cada quen cosidere oportuna, de forma totalmente voluntaria.

Árbore non obten ningún beneficio económico da venda desta pranta, soamente pretende facilitar a súa difusión.

 

proxecto fiare galiza