DEREITO A ALIMENTACIÓN E SOBERANÍA ALIMENTARIA

7, 8 e 9 de novembro - Compostela

Os vindeiros días 7, 8 e 9 de novembro a Coordinadora Galega de ONGD organiza un curso sobre o dereito á alimentación e soberanía alimentaria que contará coa participación de persoas expertas como  Esther Vivas, Gustavo Duch e Carmen Freire, entre outras.

O Sindicato Labrego Galego impulsa un mercado de alimentos labregos e unha páxina web no marco da soberanía alimentaria

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire; e a secretaria de Desenvolvemento Rural, Ana Rodríguez, presentaron hoxe, en Compostela, dúas iniciativas enmarcadas na reivindicación da soberanía alimentaria para Galiza: un mercado de produtos labregos que se celebrará este domingo, 4 de setembro, no paseo central da Alameda de Compostela; e a posta en marcha da páxina web www.alimentolabrego.org