O novo local da cooperativa está aberto! // Inauguración o día 15 ás 19:00h

Despois duns meses de moito traballo, coa incrible axuda e compaña de socias da cooperativa en todalas fases da reforma e traslado... xa estamos no novo local de Lopez Mora, 30.

A partires de hoxe día 14 de Maio a tenda xa está aberta. Aínda estamos con detalles, novas estanterías, pensando na colocación dos produtos, pero todo isto forma parte do gran cambio  que significa o novo local e o lóxico proceso de adaptación.

Sodes benvidas a dar unha voltiña e coñecelo.

 

proxecto fiare galiza