información sobre productos

¡Prantas de Kalanchoe e Stevia!

Acabamos de recibir prantas de Kalanchoe e Stevia para poñer á venda dende esta mesma tarde.

Sabemos que moitas socias da cooperativa querían mercar estas prantas e xa as tedes a vosa disposición. O custe de cada unha delas é de 3€, e se alguen quere colaborar co grupo de persoas que están facendo o esforzo de cultivalas e ofrecelas, pode facelo deixando a cantidade extra que cada quen cosidere oportuna, de forma totalmente voluntaria.

Árbore non obten ningún beneficio económico da venda desta pranta, soamente pretende facilitar a súa difusión.

A cafeína e o café - Espanica

Amplia información que nos chega desde Espanica sobre os tipos de café, os diferentes contidos en cafeína, e os seus efectos para a saúde.

 

proxecto fiare galiza