Fin de tempada:
Novas da semana:
[Foto orixinal de Matt Reinbold, https://www.flickr.com/photos/furryscalyman/. Creative Commons Licensed]
Incluímos a continuación unha comunicación enviada pola "Red Copa de Luna" distribuidores de MoonCup, unha organización coa que levamos traballando moitos anos en boa sintonía. A comunicación trata o tema do incremento da oferta de Copas Menstruais no seu apartado positivo e negativo.
Na plataforma online Avaaz.org iniciouse unha campaña contra a venda no mercado Estadounidense dun peixe xeneticamente modificado para a alimentación humana.
Podedes atopar máis información e firmar en contra dalgo tan éticamente rexeitable, en: http://www.avaaz.org/es/
Temos a ledicia de estrear "a cesta básica en Árbore".
É unha iniciativa para facilitar o acceso a unha alimentación completa, saudable e consciente. Fíxase o desconto para socias no 20% en preto de 100 alimentos, a maioría deles dentro de dúas categorías:
O catálogo de alimentos incluídos deseñouse coa intención de satisfacer unha serie de fins:
Acabamos de recibir prantas de Kalanchoe e Stevia para poñer á venda dende esta mesma tarde.
Sabemos que moitas socias da cooperativa querían mercar estas prantas e xa as tedes a vosa disposición. O custe de cada unha delas é de 3€, e se alguen quere colaborar co grupo de persoas que están facendo o esforzo de cultivalas e ofrecelas, pode facelo deixando a cantidade extra que cada quen cosidere oportuna, de forma totalmente voluntaria.
Árbore non obten ningún beneficio económico da venda desta pranta, soamente pretende facilitar a súa difusión.
Amplia información que nos chega desde Espanica sobre os tipos de café, os diferentes contidos en cafeína, e os seus efectos para a saúde.