información sobre productoras

Charlas de Josep Pámies en Tui e Pontevedra

Josep Pámies, moi coñecido como promotor no uso e consumo de Stevia e da súa defensa da libre distribución das sementes estará o día 6 e 7 de Novembro dando charlas respectivamente en Pontevedra e Tui:

- Día 6 (Pontevedra). IES Sánchez Cantón. 19:00h

- Día 7 (Tui). Liceo Casino de Tui. 11:00h


Novo mercado na Coruña, Mercado de San Agustín

[Información enviada pola organización]


"Bo día...

III Romaría produtos do campo / 18 de Xuño / Vilaboa

Despois da feira ecolóxica de Bueu, poderemos desfrutar nesta ocasión da romaria de Vilaboa. Outra boa oportunidade para coñecer opcións locais de produción responsable e de paso facer a compra da semana.

Podedes consultar o programa adxunto.
Un saúdo!

XIV Encontro de troco da Rede Galega de Sementes en Betanzos, 21 de Febreiro

no MATADOIRO (Rúa José García Acuña / Rúa Marina) BETANZOS


Trae as túas sementes para trocar!

Mazá das Neves en Larpeiros

Neste enlace podedes visitar a un dos nosos proveedores de froita: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/empanada-de-bacallau-con-maza-torta-de-crema-de-maza

Presentación proxecto "Fora da Linde"

[Información enviada pola organización]

Este Venres 4 de Xullo imos presentar o noso proxecto agroecolóxico Fora da Linde

8 de 10 XI Encontro de Sementes, sábado 21, Goian, Baixo Miño

A Rede Galega de Sementes segue a crecer, desta vez teremos o primeiro encontro as orillas do Miño, na Fortaleza de Goian, no concello de Tomiño. Contaremos coma
sempre coas mesas de troco de sementes, actividades, e espazos para as crianzas.

Vinde a disfrutar do Baixo Miño, e da rede de sementes.

Feira Verde no Millo Verde, 7 de Xuño

"Feira Verde" no "Millo Verde"

“Pensa global, merca local”. Con este ánimo naceu a Feira Verde, que este ano cumpre a súa cuarta edición.

Na Feira Verde poderás atopar diferentes produtos de produción ecolóxica e local, así como información de diferentes colectivos sociais da comarca. Experiecias que defenden o coidado das Persoas e o coidado da Natura  como ferramentas para construir un mellor Mundo.

II Romaria de Produtos do Campo em Postemirom (Vilaboa), 19 de Xullo

[Información enviada pola organización]

II Romaria de Produtos do Campo em Postemirom (Vilaboa)

Ponho-me em contato contigo porque, por segundo ano consecutivo, estamos a organizar a Romaria de Produtos do Campo em Postemirom (Vilaboa) que terá lugar o sábado 19 de julho durante todo o dia. Seguindo a mesma filosofia do ano passado pretendemos unir produtores de horta ecológica com os consumidores para que se estabeleçam redes de conhecimento e se estenda a nossa forma de olhar a agricultura e a relaçom de respeito com a natureza. Também haverá lugar para o artesanato e os produtos elaborados.

Obradoiro de horta en finca ecolóxica!

Obradoiro de horta en finca ecolóxica!

Amigos da Terra convídache a un obradoiro práctico, desta vez na finca ecolóxica "Horta do Cadaval", en Redondela. Os labregos  Jacobo Ojea e Belén Fervenza, ábrennos a súa horta para compartir os seus coñecementos e ensinarnos a cultivar os nosos propios alimentos. 

 

proxecto fiare galiza