O figo

Os figos en calquera das súas formas son un alimento moi recomendable en caso de anemia ou fatiga por causa orgáncia ou psíquica, debido a súa acción tonificante.
As mulleres embarazadas e todos aqueles que estén sometidos a esforzos físicos (deportistas) ou psíquicos (estudiantes) atoparán no figo un alimento moi nutritivo de doada dixestión e rico en enerxía.
Actúan como emolientes (suavizantes) dos bronquios e do aparato dixestivo.

 
Por cada 100 gr:
Fibra- 3.30%
Minerais- 0.66%
Hidratos de carbono- 15.90%
Graxa- 0.30%
Proteinas- 0.75%
Auga- 79.10%

O albaricoque

O consumo de albaricoque mantén a vista en bo estado. Débese á acción da provitamina A e recoméndase en caso de sequedade conxuntival coma picor ou irritación crónica da conxuntiva, perda da agudeza visual e ceguera nocturna.
Ten unha propiedade equilibrante sobre o sistema nervioso debido a súa riqueza en oligolementos, por iso se recomenda en casos de depresión, nerviosismo e inapetencia.
Aumenta a resistencia nas infeccións nos casos de farinxite crónica, sinutisis e eccemas.

Por cada 100 gr:
Fibra- 2.40%
Minerais- 0.75%
Hidratos de carbono- 8.72%
Graxa- 0.39%
Proteinas- 1.40%
Auga- 86.40%

1) FRESCO: Ben maduro

O amorodo

É a froita mais antioxidante que se coñece.
Debido a súa riqueza en fibra vexetal de tipo soluble, o amorodo facilita o tránsito intestinal. Desconxestiona a circulación venosa, polo que conveñen en caso de hemorroides, ascitis (líquido noabdomen) e afeccións hepáticas coma a hepatite crónica e cirrose.
As persoas alérxicas á aspirina soen selo tamén ó amorodo debido ó seu contido en ácido salicílico.

Por cada 100 gr:
Fibra- 2.30%
Minerais- 0.43%
Hidratos de carbono- 4.72%
Graxa- 0.37%
Proteinas- 0.61%
Auga- 91.6%

A ameixa

Todas as variedes de ameixa poseen unha composición moi similar. É un laxante efectivo e suave á vez. A diferencia do tipo insoluble, como o salvado, a fibra soluble da ameixa suaviza e protexe as paredes intestinais. Esta fibra está composta maiormente por pectina e consegue que baixe o nivel de colesterol. E suavemente diurética, depurativa e desintoxicante. O seu baixísimo contido en grasas, proteinas e sodio fana moi apropiada en caso de arteriosclerose, gota, reumatismo e hepatitis.
Como propiedade maís importante resaltamos a prevención de cancro de colon polo tanto o consumo frecuente de esta froita é un hábito moi recomendable.

Por cada 100 gr:
Fibra- 7.10%
Minerais- 1.76%

A Sandia

Está indicada principalmente nas dolencias de riles e das vías urinarias. Sempre que se desexe
pódese realizar unha cura depurativa para eliminar toxinas do sangue. Os diabéticos toleran ben a sandía debido ó seu baixo contido en azucres. Produce sensación inmediata de saciedade por iso recoméndase en dietas de adelgazamento.

Por cada 100 gr:
Fibra- 0.50%
Minerais- 0.26%
Hidratos de carbono- 6.68%
Graxa- 0.43%
Proteinas- 0.62%
Auga- 91.5%

1) FRESCA: É a forma habitual de consumila. Non é recomendable tomala como postre, xa que pode resultar indixesta debido á gran cantidade  de auga que aporta.

O melón

O melón é ante todo auga, a sús porcentaxe hídrica oscila entre o 90 e o 95%. Non é unha auga pasiva e inerte se non que se denomina “suero vexetal” e nada agradecen tanto os riles coma esta auga.
O consumo deste enriquece o sangue en sales minerais e vitaminas, está moi recomendado en casos de cáculos renais polo seu poder alcalinizante e tamén en indeccións urinarias, xa que frea a proliferación dos xermes coliformes.
É unha froita moi importante en estados de deshidratación acompañados de pérdida de minerais (diarreas, sudoración abundante ou crisis febris).

Por cada 100 gr:
Fibra- 0.80%
Minerais- 0.80%

A nectarina

Trátase da misma especie botánica co pexego (ver descripción pexego). É o resultado de inxertos sucesivos do pexego con outras especies do xénero prunus. É unha froita moi suculenta cun sabor doce e lixeiramente ácido. Como característica singular a nectarina contén máis vitamina A e E e un pouco menos de C e fibra.

Por cada 100 gr:
Fibra- 2.00%
Minerais- 0.46%
Hidratos de carbono- 9.10%
Graxa- 0.09%
Proteinas- 0.70%
Auga- 87.7%

O pexego

As vit A, C y E son os mellores antioxidantes da natureza e son poucos os alimentosque teñen as
tres nunha proporción tan equilibrada. O efecto antioxidante destas vitaminas favorece o bó estado das arteias en xeral e das coronarias que alimentan ó propio corazón en particular.
O consumo de pexego resulta beneficioso sempre que exista algunha incapacidade do corazón para cumprir a súa función propulsora do sangue.
Está especialmente indicado en casos de istemia (falta de sangue) en lesións valvulares, en hipertensión arterial e en miocardiopatía.

 

proxecto fiare galiza