Bulgur de espelta - Celnat

Ingredientes: Sémola de espelta dura, cocida seca e fragmentada, de cultivo ecolóxico.

Beneficios: Espelta, é o tipo de trigo mais antigo coñecido e posúe mais vitaminas e minerais ó non estar hibridado con outros tipos. Esta forma de comelo, o bulgur, achega ademais de todas as propiedades da espelta, as que proceden da xerminación do trigo. O bulgur é un cereal moi versátil que pódese usar en ensaladas, pratos principais, guisos ou sobremesas.

Cus cus de espelta - Baule Volante

Ingredientes: Sémola de Espelta integral, precocida ó vapor, de cultivo ecolóxico.

Copos de trigo sarraceno - Celnat

Ingredientes: Copos de trigo Sarraceno de cultivo ecolóxico.

Beneficios: No trigo sarraceno, ademais dos beneficios que outorga como cereal, hai un particular que debemos destacar: a súa proteína é rica en lisina, carente no resto dos complexos protéicos vexetais. Non contén glute a pesar de ser un tipo de trigo, polo que é tolerable por celíacos. Xunto á vitamina C (non presente neste cereal) utilízase o sarraceno para tratamentos en casos de arteriosclerose e hipertensión. É ideal para almorzar, mesturándoo con leite, iogur, zumes...

Copos de millo miúdo - Celnat

Ingredientes: Copos de mijo de cultivo ecolóxico.

Beneficios: Estes copos son ideais para almorzar, pódense mesturar con leite, iogur, zumes...O mijo contén un 11% de proteínas, algo máis que o trigo, o arroz e o millo. Presenta tamén gran cantidade de ferro, aminoácidos, fósforo e potasio.

Copos de Espelta - Celnat

Ingredientes: copos de Espelta de cultivo ecolóxico.

Cereais corn flakes - Finestra sul cielo

Ingredientes: Fariña de millo (95%), millo, malta e sal. Todos os ingredientes de procedencia ecolóxica.

Cereais Choco pétales - Kalibio

ingredientes: Fariña de trigo integral (46,6%), azucre de cana, chocolate con leite (5,7%), graxa de cacao en po, manteiga de cacao (11%), sal mariño. Todos os ingredientes proceden de agricultura ecolóxica.
Beneficios: Nada mellor para empezar o día con enerxía! Despois dun reparador soño, o corpo de nenos e adultos necesita repor enexía. Estes cereais, feitos a base de trigo integral, achegan ó noso organismo hidratos de carbono. Ademais son unha fonte de minerais naturais e proteínas vexetais. Xunto co chocolate, (enerxia inmediata) estes cereais axúdannos a manter o ritmo ó longo da mañá, e ós pequenos encántalles!!

Maicena

Ingredientes: Fécula de millo de cultivo ecolóxico.

Beneficios: A principal vantaxe desta fariña é carecer de glute polo que resulta adecuada para as persoas con enfermidade celíaca ou intolerancia ó glute. Ten escaso valor nutritivo pero emprégase en salsas e repostaría, e coma espesante en diversos produtos alimentarios. É unha boa fonte de hidratos de carbono, minerais (magnesio, fósforo, ferro, selenio e zinc) e de vitamina B.

Amaranto - Celnat

Ingredientes: Gran de amaranto orgánico. Non Manipulado xeneticamente.

Beneficios: Esta pranta produce unhas sementes que lembran ós cereais, son unhas sementes moi nutritivas que forman parte da alimentación tradicional sobre todo do pobo mexicano. Conteñen proteínas de moi boa calidade asi como varias vitaminas do complexo B. Resultan eficaces na redución do colesterol. As follas ademais son moi ricas en vitamina C.

fonte: http://enbioverde.com/produto/amaranto-500g-celnat

O arroz

Está moi recomendado contra diarreas e gastroenterite.
Tamén para os hipertensos e en casos de afeccións cardíacas. Actúa como alcalinizante en casos de exceso de acedo úrico.
Previo a utilizaro debe pórse en remollo e cocelo logo cunha cantidade de líquido menor ó seu volume, a lume lento. É ideal para ensaladas.

Por cada 100 gr:
Minerais: 0.580%
H. de Carbono: 79.3%
Graxa: 0.580%
Proteinas: 6.61%
Auga: 12.9%

 

proxecto fiare galiza