Actividades 2007

Actividades:

O pasado sábado 17 de xullo a Cooperativa celebrou súa primeira cea festa de confraternidade. O encontro tivo lugar na Finca de San Roque, cun copioso bufete feito polas persoas da "Cova dos Ratos", e amenizado cas cancions populares e proprias do grupo "Contradança".

Esperamos que as persoas que fochedes vos lo pasarades tan ben coma nos, e que as que non, vos animades para a próxima vez.

Rincón das socias 2007 - Horta Valladares

Xá temos horta!

Unha equipa de 10 persoas da cooperativa están traballando e recollendo os primeiros froitos das terras cedidas en Valladares

Toda unha escola para as novas e tadas aquelas persoas que sintan o desexo de cultivar a terra, ¿anímaste? Se estades interesados pedide información na tenda.

Rincón das socias 2007

A defecaçom natural: USA UMHA TINA!

Às vezes a civilizaçom na que nos achamos imersas e imersos trai consigo o emprego de determinadas posiçons corporais que dificultam o normal funcionamento do nosso corpo. Isto acontece, como sabemos, no caso do parto em posiçom deitada, e também na maneira que temos de cagar.

O WC moderno é um instrumento perigoso que nos obriga a adoptarmos umha postura antinatural para defecar. Esta posiçom pode nos provocar gases intestinais, prisom de ventre e tamém danar o cólon. A forma natural de evacuarmos os intestinos, que permite ademais um movimento peristáltico completo, é a posiçom agachada, de cócoras, tal como se fai no campo.

Contacta coa cooperativa 2007

Contacta coa cooperativa!

Achégate o noso local, atópanos pola rúa Arquitecto Pérez Bellas, 5 baixo, (cp 36211) na cidade de Vigo, e coñécenos, e se te animas... ¡asociate!

Horarios:

  • Luns a Xoves: 10:00 - 13:30 e 17:00 - 21:00
  • Venres: 10:00 - 21:00
  • Sábado 10:00 - 13:30

Outros xeritos de contacto

Consultar actas dende a casa 2006

Xá podedes consultar as actas desde a vosa casa

Por fin implementamos o sistema para que poidades consultar as actas desde os vosos ordenadores. Tedes primeiro que pedir unha clave ao responsabel da web. Logo podedes entrar nun área privada, so para socias, por unha opción que atoparedes no "Rincón das socias".

Convocatoria Aemblea Xeral 2006

Asambleia Xeral Ordinaria 2006

Tera lugar o vindeiro Sábado 17, no local da Asociación Veciñal Val do Fragoso (xunto ao estadio de Balaidos), primeira convocatoria as 10:30.

Se non podes vir... deixa constancia para permitir ter "quorum", ou delaga a túa participación en outra persoa socia, para poder facer unha Asemblea Xeral ca porcentaxe mínima legal suficente de persoas socias.

Informa xestión actividades 2005

Foro dixital da cooperativa no 2005

Xá temos Foro no ciberspazo!

Todas as persoas socias da cooperativa poden partipar na elaboración do Regulamento interno. Para facilitar tal fin decideuse abrir un foro, de caracter privado. As persoas socias de Arbore poden meter as súas propostas, ideas e opinions para compretar o regulamento interno da Cooperativa.

Igualmente conta cunha parte pública, na que de momento so pusemos un apartado de suxerencias

Podedes entar por aqui ao foro

Reparto a domicilio no ano 2005

Reparto a domicilio

A Cooperativa Árbore ofrece tamén un servizo de reparto a domicilio pola área metropolitana de Vigo, é dicir, o Morrazo ( mércores ), Val Miñor ( venres ) e o Val da Louriña ( martes ). Como xa saberedes, en Tui temos un posto no mercado, que se celebra os xoves durante todo o ano. En Redondela hai unha alternativa máis cercana, que é a Asociación de Consumidores Loaira.

Sobre a posibilidade de facer un reparto por Vigo, é un tema que estamos a estudar detidamente, para que, se se fai, non perxudique á vida social da Cooperativa. Podedes deixar as vosas opinións, comentarios e consellos ó respecto no Foro existente nesta páxina web.

 

proxecto fiare galiza