Enlazamos coa páxina web de Viaxes solidarias de Sodepaz para quen queira máis información
Guía práctica: Constrúe alternativas todos os días do ano, "Folga ao capitalismo"
Xov, 06/06/2013 - 14:43 inDende o portal de economía solidaria (http://economiasolidaria.org/noticias/guia_practica_huelga_al_capitalismo), ofrecennos esta guía práctica para coñecer e informarnos sobre alternativas para distintos bens e servizos, invitándonos a usar opcións dentro da economía social e solidaria (o chamado mercado social).
Adxuntamos esta interesante guía para que poidades consultar.
Un saúdo!
Obradoiro: ¿Por que non traballamos en equipo?. 11-14 xuño. Organiza Ugacota na Cámara de Comercio de Vigo. REDE EUSUMO
A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado – Ugacota , colaboradora da Rede EUSUMO, xunto coa Cámara de Comercio de Vigo, ofréceche formacióngratuíta e presencial en Vigo :
Obradoiro elaboración Perfumes 15 de Xuño
O vindeiro sábado día 15 celebrarase nas instalacións de Nornas Hostel un novo obradoiro, o último antes da tempada
de verán, que terá como temática a elaboración de perfumes. Neste obradoiro non solo aprenderemos a eleborar
diferentes perfumes senón tamén as técnicas para a obtención de hidrolatos e aceites esenciais. Unha vez máis o
Bos días
Durantes os vindeiros 29-31 de Maio e 1 e 2 de Xuño, celébrase en Vigo o Festival Primavera do Cine, no que este ano, colabora a nosa cooperativa como patrocinadora. Animámosvos a participar das distintas actividades do festival e atopar máis información na súa páxina web:
http://festivalprimaveradocine.com/
Un saúdo
Dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2013 organizamos unha charla o sábado 1 de xuño na que contaremos coa presenza de dous membros do colectivo Utopía Contagiosa.
Sábado 2 de xuño: Manifestación Nacional Contra a Minaría
Haberá autobuses dende Vigo e dende o Miñor.
Custa 8 € e o percorrido e horario para coller á xente son os que siguen:
-
Na Ramallosa (ao pé da capela da alameda) ás 9.15.
-
En Nigrán (diante da casa do Concello) ás 9.25
-
Nas Travesas (diante do Sta. Irene) ás 9.45
-
Na Praza dos Cabalos (na parada dos autobuses) ás 9.50
A volta é ás 4 da tarde.
Por favor, reserva con tempo a túa praza.
No teléfono 698 159 764 (Tereixa)
Obradoiro de horta en finca ecolóxica!
A nosa cooperativa tense presentado á convocatoria 2013 aos premios á Cooperación 2013. Este premio o convoca o Consello Galego de Cooperativas, e a nosa cooperativa xa foi premiada no 2004 (premio compartido) no apartado de Promoción do Cooperativismo.
Coa intención de presentarnos a este premio, pero tamén para resumir nun so documento o que teñen significado os 12 anos de historia da nosa cooperativa, o Consello Reitor aprobou a elaboración dunha memoria que será presentada na Asemblea do próximo 26 de Maio.
+info: http://www.cooperativasdegalicia.com/noticias/detalle.php?idNoticia=560
Un saúdo!
Para a difusión e promoción do cooperativismo entre o alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, o Consello Galego de Cooperativas pon a súa disposición unha serie de recursos educativos adaptados ao distintos niveis educativos, tales como unidades didácticas con actividades, xogos e outros recursos para a transmisión de contidos relacionados có mundo das cooperativas, así como publicacións para a posta en marcha proxectos de autoemprego cooperativo.
+info: http://www.cooperativasdegalicia.com/educacion/index.htm


















