CAPITAN GOSENDE CUMPRE 5 ANOS! - VISITA DE ARBORE AO MONTE SEIXO

O pasado sábado 22 de abril, Árbore foi a coñecer  o Monte Seixo, a “Montaña máxica” da Serra do Cando, en Cerdedo, guiad@s por Carlos Solla, membro da asociación “Capitán Gosende”.

 

Facemos esta reseña especial porque “Capitán Gosende” está de aniversario este ano. Cumpren 5 anos de intensa actividade de descubrimento e protección do patrimonio e medio ambiente no Concello de Cerdedo. Sen nengún apoio institucional, levan guiado a máis de 3000 persoas para coñecer os segredos e historia do Monte Seixo. Son moitas máis as rutas nas que están a traballar, Pedre, petroglifos, Vichocuntín...grazas a actividade incansable do Capitán Gosende, cada vez máis patrimonio se descubre e rehabilita en Cerdedo.

Animámoste a botar un ollo ao seu facebook  https://www.facebook.com/capitangosende

 

E ao artigo publicado no Faro de Vigo grazas a Capitán Gosende co gallo da nosa visita ao Monte Seixo.

 

 

Agardamos contar contigo noutras saídas. Unha aperta!

 

 

A Comisión Social

 

proxecto fiare galiza