Campaña Non ao TTIP

[Chéganos dende a plataforma ECOAR a seguinte información:]

 

O vindeiro 11 de outubro terá lugar o Día de Acción Europea STOP TTIP (Tratado Trasatlántico de Comercio e Inversión entre a UE e os EU), CETA (Tratado Económico e Comercial Integral entre a EU e Canadá )& TISA (Acordo sobre o Comercio de Servizos). En Vigo, ECOAR))) apoiará este Día de Acción Europea STOP TTIP, CETA E TISA cun reparto de folletos en Praza América, Centro Comercial Travesía e Porta do Sol.

O TTIP, o CETA e o TISA son acordos comerciais internacionais negociados de costas á cidadanía cuxa aprobación suporá o establecemento definitivo dun sistema onde as multinacionais e as finanzas someterán definitivamente a soberanía popular!! O TTIP, o CETA e o TISA conformarán o marco que blinde o expolio do común por parte do poder económico a costa do esnaquizamento das persoas, os pobos e o medioambiente.

Podedes atopar toda a información sobre estes tratados nas seguintes páxinas web.

http://noalttip.blogspot.be/

http://www.stop-ttip-ceta-tisa.eu/es/

 

 

proxecto fiare galiza