Campaña de Crowdfunding. Semente Vigo

Como ben sabedes, o pasado 31 de agosto iniciamos unha campaña de crowdfunding para recadar cartos co obxectivo de poder financiarmos as obras de reforma da escola da Semente Vigo. Ao longo destes días foron moitas as persoas que se fixeron colaboradoras e cofinanciadoras deste proxecto de xeito que, nesta altura, imos polas preto das 90 persoas.


O resultado desta intensa campaña concrétase tanto na obtención de recursos económicos como na visibilización do proxecto a nivel social. Ao respecto, podedes ver a repercusión que tivo a campaña en medios diversos:

tvghttp://www.crtvg.es/informativos/semente-de-vigo-ofrece-unha-educacion-alternativa-as-garderias-convencionais-1450750,

sermos Galiza http://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/escola-monolingue-semente-abre-suas-portas-vigo/20150913012436040681.html

la voz de Galicia, http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2015/09/10/abre-teis-primeiro-centro-infantil-vigo-inmersion-galego/0003_201509V10C59913.htm

 

No plano económico estamos satisfeitxs cos resultados acadados. Levamos aproximadamente 5.000 euros en 21 días de campaña, se ben o noso obxectivo é acadar, cando menos, os 7.000 euros. É por isto que queremos facer un outro chamamento a todxs xs que credes no proxecto da Semente Vigo para que, se aínda non o fixestes, fagades a vosa achega e colaboredes co seu financiamento. É moi importante este derradeiro esforzo, para que este curso escolar 2015-16 sexa o comezo de moitos máis.


Por todo iso, colabora, difunde e participa!!

https://goteo.org/project/semente-vigo/home

 

proxecto fiare galiza