Campaña Antiherbicida

[Espallamos esta información que acabamos de recibir]
Ola a todxs!
Grazas polas vosas sinaturas de apoio á campaña en Change.org, que aínda queda aberta e podedes seguir difundindo:
https://www.change.org/p/xunta -de-galicia-galicia-comunidade -aut%C3%B3noma-libre-de- glifosato?source_location= petitions_share_skip
Agora continuamos co seguinte paso da campaña antiherbicida: Envío masivo de correos de xeito persoal ata fin de mes. Cortar e pegar o texto da carta que vai a continuación:
Enviar a:
1.-Presidente da Xunta de Galicia:
Entrar no enlace seguinte e cubrir o formulario de queixas. (Cortar e pegar o texto da carta)
Enviar o mesmo texto tamén á secretaria presidencial:
2.-Concelleira de Medio ambiente:
Copiar o mesmo texto e enviar a:
Conselleira de Medio Ambiente: Beatriz Mato Otero
.............................. .............................. .............................. .............................. ..................
Texto da carta:
Xunta de Galicia
Sr. Presidente/ Sra. Concelleira de Medio Ambiente:
Un ano máis, as estradas, vías, autopistas, camiños de ferro, xardíns e parques, aparecen queimados con herbicida, toneladas de substancias químicas perigosas que envelenan a auga,filtrándose nos pozos e acuíferos, envelenando a terra e aos animais, afectando aos ecosistemas e rompendo o equilibrio natural que logo preténdese remendar con máis produtos químicos, nun ciclo que cada vez é maior, e que nos afecta producindo enfermidades que as administracións se negan a relacionar con este tipo de actividades habituais que teñen como resultado un afastamento crecente e perigoso da nosa natureza. Podemos engadir tamén a presenza do glifosato nos alimentos xa que emprégase masivamente ademais na agricultura convencional. É isto o progreso?
Un ano máis, cada vez con maior forza, a cidadanía mobilízase e esixe ser escoitada polos seus representantes nos gobernos.
Neste mes de xuño, a comisión europea, nun segundo intento debido ás controversias, acordou renovar 18 meses a comercialización do glifosato, non conseguindo a prórroga de 18 anos que se pretendía, o cal reflicte que hai motivos para a sospeita de que, a pesar das fortes presións das multinacionais que pensan nos seus beneficios, os países están tendo xa importantes dúbidas trala manifestación de OMS que considera ao glifosato un probable canceríxeno,e doutras achegas,como estudo publicado por Criigen, (Comité de Procura de Información Independente sobre Enxeñería Xenética) que fala do efecto como disruptor endocrino xa que as formulacións comerciais conteñen coadxuvantes, que son máis tóxicos que o glifosato só.
A normativa de UE prohibe o uso de praguicidas se hai probas suficientes en animais que vinculen estas substancias a enfermidades. Segundo a IARC e a OMS, no caso do glifosato, cúmprese este criterio. Onde está aplicado o “principio de precaución” que esixe a adopción de medidas de protección antes de que se produza realmente o deterioro do medio ambiente e da nosa saúde? Esperaremos, como en moitos outros casos, á que as evidencias sexan tan graves que xa no haxa volta atrás?
En Galicia moitos concellos declaráronse en contra do uso de herbicidas coa aprobación de mocións impulsadas pola presión veciñal: Gondomar, Nigrán, Marín, Combarro, Ames, Santiago, Brión, Poio, Miño, Ponteareas, Ourense... O mesmo sucede noutros concellos do estado. O que reflicte a preocupación da cidadanía ante o uso destes químicos que se empregan ademais na agricultura con escaso control de sanidade sobre a súa presenza nos nosos alimentos e nas augas.
Non cremos que o motivo do “aforro” sexa válido para xustificar o uso destes medios. Os contratos coas empresas que fumigan e o prezo dos produtos tamén supoñen cartos. Cantos? Evita o feito de fumigar ter que rozar despois as estradas? Pódese deixar a herba queimada nas beiras favorecendo ademais os incendios?
Pedímoslle a que nos goberne que a nosa comunidade autónoma, como xa o é a de Extremadura, quede libre de glifosato, que non se utilice este nin outro produto químico para o roce e mantemento de vías, autovías, estradas, xardíns,camiños de ferro..., no territorio galego. Que a Xunta de Galicia prohiba o seu uso instando a empresas, deputacións, concellos a buscar outras alternativas, como a mecánica, que ademais favorece o emprego local tan necesario. Pedimos tamén que se informe á cidadanía da responsabilidade que se deriva do uso a nivel particular destas substancias.
Tamén cremos necesaria a información por parte de Sanidade da presenza deste herbicida nos nosos alimentos e na auga que consuminos. Algo que non se está facendo e que por dereito nos corresponde.
O coidado da saúde e do medio son responsabilidade das autoridades que nos gobernan. Esperamos que a asuman pensando tamén no legado que deixamos aos que veñen detrás.
Atentamente:
Nome e apelidos
Localidade
DNI

 

proxecto fiare galiza