Brasil recoñece o comercio xusto a nivel institucional e lexislativo

O pasado 17 de novembro durante a reunión plenaria do Conselho Nacional de Economia Solidaria (CNES ) en Brasilia, o Presidente do Brasil aproveitou para asinar o decreto que así o fai efectivo. Con este decreto será posible consolidar e ampliar as políticas públicas para o sector e tornar permanentes as conquistas dos traballadores brasileiros, segundo diso Lula Da Silva durante o acto de sinatura.
 
O Sistema Nacional do Comercio Xusto e Solidario é un conxunto de parámetros a ser seguidos na execución de políticas públicas viradas à xeración de traballo e renda por medio de accións de promoción da economía solidaria e do comercio xusto. Entre os seus obxectivos están: apoiar procesos de educación para o consumo con vistas à adopción de hábitos sustentábeis e à organización dos consumidores para a compra dos produtos e servizos do comercio xusto e solidario; fortalecer unha identidade nacional de comercio xusto e solidario, por medio da difusión do seu concepto e do exercicio das prácticas que lle son inherentes; e favorecer a práctica do prezo xusto para quen produce, comercializa e consome.

Non todos os políticos son iguais, Lula da Silva o demostra neste vídeo.

A economía solidaria, afirmou o presidente de Brasil, é unha alternativa para a xeración de emprego e renda, alén de importante saída para incentivar o País a adoitar hábitos sustentábeis de comercio, que sexa xusto e solidario. O Brasil xá é referencia mundial no asunto desde 2003, cando foi criada a Secretaria Nacional de Economía Solidaria. E a acción só se tornou ben sucedida, afirmou Lula, porque o goberno instituíu un diálogo permanente coa sociedade civil para construír as políticas públicas necesarias. "Pagou a pena todo o esforzo realizado por este goberno para fortalecer a economía solidaria no Brasil. Mais é preciso recoñecer que aínda hai moito por facer.  A actuación do Conselho Nacional de Economia Solidária e a realización periódica das Conferencias Nacionais certamente van continuar a garantir as condicións para que traballadores e traballadoras do País poidan construír unha rede de economía solidaria cada vez mais sólida e sustentábel", destacou.

+info: http://www.prensa-latina.cu/index.php?option=com_content&task=view&id=23...

proxecto fiare galiza